barrios
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide destinar ao seu ‘Plan CIDADE’ para atender os barrios e parroquias o mesmo que ao HALO

A fronte nacionalista emenda a modificación orzamentaria coa que o Goberno municipal quere engadir outros 2 millóns de euros ao HALO e demanda mobilizar o equivalente ao que se vai destinar ao ascensor este ano, 10 millóns de euros, para dedicalo a investimentos en todos os barrios e parroquias

Xabier P. Igrexas: “Sen entrarmos a cuestionar o alcance, e sobre todo o inmenso custo, do ascensor de ‘Star Trek’ no que está empeñado Abel Caballero, o BNG si que entendemos que hai que despregar polo menos o mesmo esforzo en atender as necesidades da veciñanza en todos os barrios e parroquias”

¬MINUTO DE SILENCIO POR MURCIA: O Grupo Municipal do BNG participou pero vai trasladar a súa queixa formal ao alcalde polo “sectarismo indecente” co que foi convocado a través dun correo electrónico con apenas 31 minutos de antelación

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, no acto público en Teis

O BNG de Vigo porá fin ao “castigo” do Concello contra a veciñanza de Teis

A fronte nacionalista aposta por recuperar e desenvolver a ETEA, garante a creación dunha biblioteca municipal e a mellora do transporte urbano, nun acto público celebrado este sábado en Teis

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “A veciñanza de Teis non pode seguir sendo castigada por ter a valentía de denunciar o abandono dun Goberno municipal que deixou sen gastar 436 millóns de euros neste mandato”

Filipe Abalde, candidato nº3: “Pasou case un ano e nada se avanzou para reabrir a piscina municipal de Teis, unha evidencia máis da nefasta xestión deportiva”

Ler novas
Novas
Encontro co movemento veciñal de Vigo

O BNG de Vigo promoverá máis participación veciñal para acabar co abandono dos barrios

A fronte nacionalista impulsará a creación de Consellos Veciñais de Barrio e Parroquia, a posta en marcha de orzamentos participativos e un maior apoio ao movemento veciñal respectando a súa independencia e pluralidade

Xabier P. Igrexas: “Un BNG determinante seremos a garantía de que deixe de haber vigueses e viguesas de segunda para o Concello, asegurando que se atenden as necesidades da veciñanza en todo o territorio da cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG critica que Caballero presuma do gasto millonario no ascensor HALO mentres mantén no abandono aos barrios de Vigo

A fronte nacionalista reclama máis investimentos nas parroquias e lembra que as necesidades da cidade son máis que grandes obras e inauguracións no centro

Denuncia que tres de cada catro promesas e anuncios son “propaganda”, diante da permanente inexecución orzamentaria do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Mentres o alcalde fachendea dese millonario ascensor de Star Trek, mantén un muro a medio caer durante máis de tres anos no Freixeiro ou segue sen dotar duns aseos á ETEA demandados desde hai seis”  

Ler novas
Novas
OBRAS

O BNG de Vigo pide a fin do “ordeno e mando” e reclama participación veciñal nas humanizacións

Consideran “absolutamente razoábeis” as demandas da veciñanza de Coruxo que onte paralizou as obras de humanización da rúa José Rivas ante a negativa do Goberno municipal de escoitar as súas propostas.

A fronte nacionalista demanda que a veciñanza poida participar de maneira directa no deseño dos proxectos e na supervisións das obras para garantir que se dá resposta ás necesidades reais dos barrios e parroquias da cidade.

Xabier P. Igrexas: “Non se pode gobernar negándose a escoitar, desde o unilateralismo constante e con tics autoritarios. A cidade temos que facela entre todos e entre todas”

Ler novas
Novas
navia 02

O Bloque comprométese a levar as demandas de Navia ao Parlamento de Galiza para poñer fin ao seu abandono

A deputada electa, Carmela González, e o concelleiro, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro coa Asociación Veciñal “Novo Vigo”. 

A fronte nacionalista urxe a Concello e Xunta a poñer fin ao enfrontamento estéril entre administracións e a cooperaren para atender, dunha vez por todas, as necesidades do barrio. 

Denuncian que as máis de 3 mil alegacións presentadas ao Plan Parcial seguen sen recibir contestación polo Concello. 

Ler novas
Goberno local
favec03

O BNG trasládalle á FAVEC a súa aposta por potenciar a participación veciñal na cidade

  • O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo un encontro de traballo coa Comisión Permanente da Federación Veciñal.
  • O Bloque comprometeuse a "construír a cidade desde os barrios" poñendo fin ao seu abandono e priorizando os problemas e necesidades reais da veciñanza.
  •  Pérez Igrexas criticou o uso "caciquil" que o Goberno municipal fai dos recursos públicos para castigar os colectivos que expresan críticas e opinións diferentes.
Ler novas