comercio
NOVAS
O BNG de Vigo levará ao Pleno as graves irregularidades denunciadas no mercado de nadal da Praza de Compostela

O BNG de Vigo levará ao Pleno as graves irregularidades denunciadas no mercado de nadal da Praza de Compostela

  • A fronte nacionalista rexistrou unha moción de urxencia após se coñecer as denuncias presentadas pola CIG diante do Concello, de sanidade e da Inspección de Traballo.
  • Xabier P. Igrexas considera de “enorme gravidade” os incumprimentos das bases de adxudicación no que ten a ver coa falla de garantías hixiénico sanitarias dos postos gastronómicos, a non publicación de listaxes de prezos e a vulneración de dereitos laborais do persoal contratado.
  • Urxen o Goberno municipal a practicar inspeccións e a adoptar as medidas necesarias para resolver esta situación.
Ler novas
NOVAS
O BNG de Vigo chama a apostar no comercio local fronte ao modelo “depredador e especulativo” das grandes áreas comerciais

O BNG de Vigo chama a apostar no comercio local fronte ao modelo “depredador e especulativo” das grandes áreas comerciais

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, e o deputado, Luís Bará, realizaron un reparto informativo da campaña nacional do Bloque e visitaron o mercado do Progreso.
  • A fronte nacionalista reclama unha moratoria de dez anos na concesión de novas licenzas para macroáreas e demanda un maior apoio de Concello e Xunta ao pequeno e mediano comercio da cidade.
Ler novas
NOVAS
O BNG de Vigo pide ao Goberno municipal que feche a porta definitivamente ao ‘pelotazo’ de Porto Cabral

O BNG de Vigo pide ao Goberno municipal que feche a porta definitivamente ao ‘pelotazo’ de Porto Cabral

  • Xabier P. Igrexas: “Reclamamos ao PSOE que actúe con coherencia e que coa mesma vehemencia que rexeita o ‘pelotazo’ da cidade deportiva do Celta en Mos dea portazo a Porto Cabral”.
  • A fronte nacionalista reitera a súa oposición frontal ao proxecto especulativo e esixe que “nin un só metro cadrado de monte comunal” se dedique a unha nova grande área comercial.
  • Propoñen facer de Cotogrande unha grande reserva forestal para poñer en valor o “pulmón verde” que representan os montes de Vigo.
Ler novas
INICIATIVAS POLÍTICAS
O BNG aposta polo pequeno comercio local e de proximidade para dinamizar os barrios e vertebrar a cidade 

O BNG aposta polo pequeno comercio local e de proximidade para dinamizar os barrios e vertebrar a cidade 

“Lamentamos que a única medida en materia de política comercial do actual goberno municipal sexan 9 millóns de euros en luces led en nadal”, apuntou o candidato nacionalista á alcaldía, Xabier P. Igrexas
O Bloque propón unha moratoria por dez anos nas concesións de novas licenzas para grandes superficies, promocionar e modernizar os mercados municipais ou poñer en marcha campañas de promoción do consumo de produtos locais e de proximidade.

Ler novas
ACTUALIDADE
O Bloque levará ao Parlamento galego unha iniciativa para blindar o monte comunal de Cabral

O Bloque levará ao Parlamento galego unha iniciativa para blindar o monte comunal de Cabral

_A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o responsábel local, Serafín Otero, reuníronse cos comuneiros e comuneiras e veciñanza afectada. “O novo PXOM ten que enterrar o proxecto especulativo sobre Porto Cabral”, trasladaron, comprometéndose a defender o aumento da protección ambiental.

_O BNG aposta polo comercio de proximidade e defende para Vigo unha moratoria de dez anos nas concesións para grandes áreas comerciais

Ler novas