humanizacións
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo critica que a humanización dun quilómetro da rúa Aragón se demore máis dunha década

A fronte nacionalista cualifica esta actuación como un exemplo da “ineficacia” do goberno de Abel Caballero, a quen acusa de dividir as obras para realizar máis inauguracións

Xabier P. Igrexas: “Van ser 11 anos de obras intermitentes, con evidentes problemas para a veciñanza e o tráfico rodado, cunha media de humanización de 30 centímetros por día”

Ler novas
Novas
OBRAS

O BNG de Vigo pide a fin do “ordeno e mando” e reclama participación veciñal nas humanizacións

Consideran “absolutamente razoábeis” as demandas da veciñanza de Coruxo que onte paralizou as obras de humanización da rúa José Rivas ante a negativa do Goberno municipal de escoitar as súas propostas.

A fronte nacionalista demanda que a veciñanza poida participar de maneira directa no deseño dos proxectos e na supervisións das obras para garantir que se dá resposta ás necesidades reais dos barrios e parroquias da cidade.

Xabier P. Igrexas: “Non se pode gobernar negándose a escoitar, desde o unilateralismo constante e con tics autoritarios. A cidade temos que facela entre todos e entre todas”

Ler novas
Novas
caballero obras

O BNG de Vigo critica a “irracionalidade e ineficiencia” na xestión das obras de humanización na cidade

A fronte nacionalista pon como exemplo a Avenida Alcalde Gregorio Espino que con menos de un quilómetro de extensión contará con 5 fases e non verá concluída a humanización, iniciada en 2018, até o ano 2023.

Xabier P. Igrexas: “Cinco anos é o que tarda o Goberno municipal de Vigo con máis orzamento da historia da cidade e con plena capacidade de obrar pola súa maioría absoluta, en humanizar pouco máis de 900 metros”.

Ler novas
Goberno local
SAVE_20190828_165406

O BNG pide que se paralice a licitación da peonalización da Porta do Sol para estudar alternativas ao túnel e dialogar coa veciñanza e o tecido asociativo

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, expresa o apoio do BNG á peonalización, que permitirá reiniciar o proceso de “·democratización do espazo público” que se puxera en marcha baixo a alcaldía do nacionalista Pérez Castrillo, pero demanda que se consensúe o proxecto.
  • O BNG propón que se avalíen opcións alternativas ao túnel cunha mesa de especialistas ou un concurso de ideas e que o Goberno municipal someta a exposición pública o proxecto definitivo.
Ler novas