municipais
Novas
Referentes sociais e culturais da cidade poñen en valor o aniversario do regreso do BNG ao Concello de Vigo

Referentes sociais e culturais da cidade poñen en valor o aniversario do regreso do BNG ao Concello de Vigo

A fronte nacionalista celebra un ano da toma de posesión do seu concelleiro, Xabier P. Igrexas, cunha campaña nas redes sociais baixo o lema #EnBloquePorVigo, na que difundirán vídeos de persoas representativas de diferentes sectores nos que valoran o que supuxo o retorno do BNG á Corporación Municipal.

A escritora María Reimóndez, o atleta Victor Currás, o secretario comarcal da CIG Alberto Gonçalves, a filósofa Carme Adán, o histórico sindicalista Manuel Mera ou o activista veciñal Anxo Igrexas, son algunhas das voces que partillarán a súa visión sobre o traballo realizado polo Bloque nos últimos doce meses.

Ler novas
Goberno local
O BNG propón dedicar o millón de euros de Ryanair ao Plan Municipal de Emprego

O BNG propón dedicar o millón de euros de Ryanair ao Plan Municipal de Emprego

  • A fronte nacionalista formulou unha emenda ao expediente de modificación orzamentaria promovida polo Goberno, para que se destine o millón de euros inicialmente previsto para Ryanair ao Plan Municipal de Emprego, en lugar de dedicalo ás festas como propón o  PSOE.
  • A emenda será debatida no Pleno Extraordinario do próximo luns, malia ser rexeitada cos votos do PSOE e a abstención do PP na Xunta de Voceiros.  
Ler novas