ordenanza
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG pide declarar Vigo como cidade saturada de pisos turísticos e impoñer unha taxa municipal

A fronte nacionalista demanda a elaboración dunha ordenanza municipal que regule este fenómeno, con case o triplo de pisos turísticos (1.500) que dispoñíbeis para alugueiro

Acusa de “inacción” á Xunta de Rueda e ao Goberno de Caballero diante da proliferación

Xabier P. Igrexas: “Non podemos ficar de brazos caídos mentres a especulación dos pisos turísticos segue a encarecer a niveis insoportábeis o prezo da vivenda”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo chama a restrinxir os pisos turísticos por agravar os problemas de acceso á vivenda

A fronte nacionalista propón declarar Vigo como cidade saturada, a imposición dunha taxa municipal e a realización de inspeccións para aflorar os pisos non rexistrados co obxectivo de “poñer couto a este fenómeno especulativo que encarece os prezos do alugueiro”

Xabier P. Igrexas: “Hai que poñer freo a esta situación alarmante de que a cidade teña hoxe o dobre de pisos turísticos que de vivendas dispoñíbeis para alugueiro residencial”

Ler novas
Novas
Araucaria da Alameda coas luces a finais de maio

O BNG de Vigo esixe a Caballero o cumprimento da ordenanza que impide pendurar adornos de nadal no arboredo

A fronte nacionalista solicita ao Concello e á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta que confirmen que o mercado de nadal da Alameda conta cos permisos necesarios para ser instalado nuns xardíns catalogados e con especial protección

Xabier P. Igrexas: “As árbores non son postes, son un elemento esencial do ecosistema urbano que deben ser protexidos como mandata a ordenanza de Medio Ambiente”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG emenda a ordenanza de administración electrónica do Concello de  Vigo para que a dixitalización “non deixe a ninguén atrás”

Demandan medidas contra a fenda dixital e en apoio dos colectivos vulnerábeis, maiores garantías no proceso de notificación, a simplificación dos procedementos e que se respeite a lingua galega como idioma oficial do Concello.

Critican que o Goberno municipal tardase 4 anos en levar a ordenanza a Pleno e que “por sectarismo” rexeitase as emendas do BNG para mellorala en favor da veciñanza. Defenderanas a través dun voto particular no Pleno deste mércores.

Ler novas
Goberno local
terrazas

O BNG propón que se elabore unha nova ordenanza municipal para regular as terrazas en Vigo

  • O concelleiro electo do BNG, Xabier P. Igrexas, afirma que a actual non se está a cumprir e demanda unha nova regulación que concilie as terrazas “das que desfrutamos todas as viguesas e vigueses” co dereito de paso seguro e cómodo de peóns e a accesibilidade do espazo público. 
  • A fronte nacionalista propón que se constitúa unha Mesa de diálogo entre o novo goberno, o sector hostaleiro, representantes veciñais e técnicos de accesibilidade para elaborar “co máximo consenso e cooperación unha nova norma”.
Ler novas