participación
Novas
Xabier P Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo levará a Pleno as alegacións do movemento veciñal aos orzamentos municipais de 2024

A fronte nacionalista critica que o Goberno municipal inadmitise “de maneira burocrática” as alegacións formuladas pola AV de Teis, a AV de Lavadores e a FAVEC, da mesma maneira que xa rexeitou na aprobación inicial as 138 emendas formuladas polo BNG

Xabier P. Igrexas: “A cidade merece uns orzamentos que dean resposta ás necesidades reais das viguesas e dos vigueses, que poña fin ao abandono dos barrios e parroquias, e non apenas unhas contas elaboradas ao antollo e capricho de Abel Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde presentan a campaña do BNG de Vigo 'Moito máis que tres'

O BNG de Vigo pon en marcha a campaña ‘Moito máis que tres’ para dar voz á veciñanza no Concello

A fronte nacionalista inicia unha rolda de actos públicos en todos os barrios e parroquias e unha intensa axenda de encontros con colectivos sociais e co tecido asociativo

Xabier P. Igrexas: "Na noite electoral do 28 de maio dixemos que o BNG íamos ser moito máis que tres asentos no Pleno, que íamos ser unha ferramenta útil para dar voz a quen outros non queren escoitar"

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo emendará con participación veciñal os orzamentos de “papel mollado” de Caballero para 2024

A fronte nacionalista valora como “máis do mesmo” o proxecto de contas do Goberno municipal, con moitos investimentos que son “promesas incumpridas” de anos anteriores

Convoca un encontro aberto con tecido asociativo e veciñanza este martes 14 para recoller as súas demandas e necesidades de cara á presentación de emendas parciais

Xabier P. Igrexas: “Estas contas demostran que o Goberno de Caballero xa non ten nada que ofrecerlle á cidade, virándolle as costas ao contexto de grave crise social que se vive”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipa do BNG de Vigo

O BNG de Vigo propón un ‘Plan Cidade’ con 50 millóns de euros para poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias

A fronte nacionalista trasladará unha moción ao Pleno de setembro con 7 medidas para que se atendan as necesidades de toda a cidade e promover a participación cidadá

Xabier P. Igrexas: “Mentres se suceden os anuncios de proxectos millonarios no centro, a resposta que reciben as demandas veciñais é a indiferenza ou, no peor dos casos, a represión”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda uns orzamentos participativos no Concello para o 2024

A fronte nacionalista reitera a necesidade de elaborar as contas municipais contando coas propostas da veciñanza e do tecido social para decidir o destino dos recursos públicos

Xabier P. Igrexas: “Son o mellor antídoto fronte ao total abandono dos nosos barrios e parroquias, fronte a esta política de grandes anuncios e propaganda e fronte á permanente inexecución orzamentaria do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a “fin do réxime de excepción” que impón Caballero co seu autoritarismo

A fronte nacionalista expresa o seu apoio á queixa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza contra os comportamentos do Alcalde e do seu Goberno

Demandan unha rectificación completa ao rexedor lembrándolle que “non hai maioría absoluta que permita amordazar a quen discrepa nin suspender dereitos fundamentais”

Xabier P. Igrexas: “A Caballero moléstanlle as preguntas incómodas de xornalistas e medios independentes, como lle anoxan as asociacións e colectivos que se atreven a discrepar ou a reivindicar, e como lle irrita o traballo político de oposición que fai o BNG. O que lle pasa é que ten unha grave alerxia á democracia”

Ler novas
Novas
Encontro co movemento veciñal de Vigo

O BNG de Vigo promoverá máis participación veciñal para acabar co abandono dos barrios

A fronte nacionalista impulsará a creación de Consellos Veciñais de Barrio e Parroquia, a posta en marcha de orzamentos participativos e un maior apoio ao movemento veciñal respectando a súa independencia e pluralidade

Xabier P. Igrexas: “Un BNG determinante seremos a garantía de que deixe de haber vigueses e viguesas de segunda para o Concello, asegurando que se atenden as necesidades da veciñanza en todo o territorio da cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo defende máis participación e diálogo fronte ao Goberno do “aquí mando yo”

Os votos do PSOE no Pleno tombaron a moción nacionalista que buscaba “blindar o dereito das viguesas e vigueses a seren escoitados tamén cando pensan diferente” cun novo Regulamento de Participación Cidadá

Xabier P. Igrexas:
“O compromiso do BNG é devolverlle o Concello á cidadanía, poñendo fin a esta etapa escura de autoritarismo e xordeira do Goberno municipal”

O concelleiro do Bloque interpelou o Goberno municipal sobre as actuacións adoptadas diante do procesamento xudicial dun axente da Policía Local acusado de agresión sexual

Ler novas
Novas
Encontro do BNG Vigo con Movementos Sociais e Asociacións Veciñais o pasado novembro

O BNG de Vigo propón máis participación e diálogo fronte a política do “aquí mando yo” de Caballero

A fronte nacionalista volve levar ao Pleno municipal a demanda dun novo regulamento de Participación Cidadá, como xa fixera na primeira moción deste mandato, ante o agravamento das “prácticas antidemocráticas e os tics autoritarios”

Xabier P. Igrexas: "Democracia é moito máis que votar cada catro anos e facermos cidade é tarefa de todas e todos"

Ler novas