persoal
Novas
Xabier P Igrexas con representantes CIG Bombeiros

O BNG de Vigo acusa a Caballero de mentir sobre os bombeiros e advirte de que son insuficientes para garantir a seguridade

O portavoz municipal da fronte nacionalista reclama reforzos inmediatos no cadro de persoal, que non permite asegurar o mínimo de efectivos diarios, tras manter un encontro con representantes da CIG

Cualifica de “irresponsabilidade” a paralización das Ofertas Públicas de Emprego dos últimos tres anos, que prevén incorporar 38 novos postos no servizo

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que actuar xa ante o grave risco desta situación, en lugar dese discurso inaceptábel do alcalde culpando os bombeiros”

Ler novas
Novas
Colas na lonxa do Concello de Vigo

O BNG de Vigo pide reforzar o persoal municipal e descentralizar servizos ante a saturación do Concello

A fronte nacionalista urxe solucións diante das colas quilométricas na lonxa do Concello, das longas demoras para trámites e dos horarios limitados en servizos como as Unidades de Traballo Social de Teis e Coia

Xabier P. Igrexas: “Esta situación é produto das políticas de Abel Caballero, que impulsou máis privatizacións que ningún outro goberno na historia da nosa cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG oponse a destrución de 39 postos de traballo no Concello de Vigo como pretende o Goberno municipal

A fronte nacionalista presentará emendas aos orzamentos de 2022 para reverter esta decisión e esixir que se poña fin as políticas de xestión privatizada de servizos municipais.

Xabier P. Igrexas: “É o momento de apostar por reforzar con máis persoal público en lugar de aplicar as receitas do PP como está a facer o goberno de Abel Caballero”.

Ler novas
Novas
Lonxa do Concello de Vigo

O BNG reclama ampliar o persoal do Concello de Vigo diante dos atrasos dun mes para a Oficina do PXOM e do Padrón

A fronte nacionalista urxe executar as ofertas de emprego público, con case 200 prazas vacantes sen adxudicar, tal como ten reclamado o propio comité de persoal do Concello.

Xabier P. Igrexas: “A nefasta política de persoal do goberno de Abel Caballero prexudica aos propios servizos municipais e ofrece unha moi mala atención á veciñanza de Vigo”.

Ler novas