precariedade
Novas
Paulo Ríos 'Kai' (esq), Marta Gómez e Brais Ruanova

O BNG chama a mocidade a protagonizar o cambio galego para deixar atrás o paro, a precariedade e a emigración

A fronte nacionalista comprométese nun encontro en Vigo a dar resposta ás principais preocupacións das mozas e mozos galegos cun Goberno de Ana Pontón: o acceso á vivenda, a falla de oportunidades laborais dignas e a saúde mental, entre outras

"A mocidade non só somos o futuro, temos dereito a ter un presente digno", defenden as integrantes da candidatura nacionalista Paulo Ríos ‘Kai’, Brais Ruanova e Marta Gómez
Ler novas
Novas
Encontro sindical BNG Vigo

O BNG defende en Vigo o “cambio galego” para garantir o dereito a un traballo digno e un futuro produtivo

A fronte nacionalista aposta por blindar sectores estratéxicos como a automoción ou o naval, enfrontar a crecente precariedade laboral e crear oportunidades para poñer fin á masiva emigración xuvenil

Carmela González:  “Fronte a un PP que nos obriga a escoller entre desemprego, precariedade ou emigración, unha Xunta liderada polo BNG actuará con toda a determinación para garantir emprego estábel, con dereitos e salarios dignos”

Ler novas
Novas
Carmela González e Xabier P. Igrexas reunidos con representantes sindicais de Ilunion

O BNG reclama desde Vigo que a Xunta fiscalice as subvencións a Ilunion diante das denuncias de explotación laboral

A fronte nacionalista presentará iniciativas no Parlamento galego para que se remate coa precariedade laboral no centro especial de emprego do grupo ONCE.

Carmela González: “Ilunion percibe importantes cantidades de diñeiro público para promover a integración laboral das persoas con dispacidade, mais a Xunta non leva a cabo unha función de control sobre estas axudas”.

O concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, interpela á delegada da Xunta na cidade para que explique as actuacións do Goberno galego, coñecedor do conflito laboral e que atinxe de maneira directa ao sector da automoción da cidade.

Ler novas