saneamento
Novas
Verteduras en Bouzas (Imaxes: Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo)

O BNG de Vigo esixe ao Goberno municipal que actúe fronte as verteduras de augas fecais sen depurar á ría

A fronte nacionalista solicita información sobre as actuacións realizadas polo Concello diante das verteduras “ilegais” rexistradas desde a propia rede municipal de saneamento

Xabier P. Igrexas: “Non ten xustificación que o desleixo do goberno de Abel Caballero siga a enmerdar a nosa ría, xa abonda de tratar o noso litoral como un vertedoiro”

Ler novas
Novas
pleno01

O BNG de Vigo alerta da “burla e estafa” da nova tarifa da auga e inicia unha campaña de denuncia nas redes

A fronte nacionalista mantivo un encontro telemático coa Asociación de Galega Consumidoras/es e Usuarias/os (Acouga), na que coincidiron nas súas críticas cara o novo recibo da auga.

Acouga anunciou que presentará unha alegación contra a modificación aprobada polo Goberno municipal e non descarta emprender outras accións pola vía administrativa ou xudicial.

O Bloque iniciou onte unha campaña de denuncia nas redes sociais baixo o lema “Nova tarifa da auga en Vigo? Mesma estafa!”.

Ler novas
Parlamento galego
_DSC2273

O BNG demanda a implicación de todas as administracións para completar definitivamente a rexeneración da Ría de Vigo

_A  fronte nacionalista reclama un maior investimento tanto da  Xunta como do Goberno español, para tomar as medidas necesarias que poñan fin ás verteduras de auga sen depurar.

_O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, insiste na necesidade de separar as augas pluviais das fecais na rede de saneamento da cidade para evitar a sobrecarga da EDAR.

Ler novas