Goberno local
O BNG trasládalle á FAVEC a súa aposta por potenciar a participación veciñal na cidade
25/set./2018
- O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo un encontro de traballo coa Comisión Permanente da Federación Veciñal.
- O Bloque comprometeuse a "construír a cidade desde os barrios" poñendo fin ao seu abandono e priorizando os problemas e necesidades reais da veciñanza.
- Pérez Igrexas criticou o uso "caciquil" que o Goberno municipal fai dos recursos públicos para castigar os colectivos que expresan críticas e opinións diferentes.