xustiza
Novas
Xabier P. Igrexas e Carmela González reunidos co representantes de CIG-Servizos

O BNG alerta que o recorte da seguridade na Cidade da Xustiza deixará Vigo sen gardas de 24 horas

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación do concurso de vixilancia privada dos edificios xudiciais, que prevé unha redución do persoal, tras manter unha reunión con CIG-Servizos

Carmela González: “Este prego de condicións deixa claro que a Xunta non vai poñer en marcha as gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo que levamos anos demandando o BNG e o sector xudicial”

Xabier P. Igrexas: “O único que lle preocupou ao Partido Popular foi unha vistosa inauguración dun grande edificio, pero o que precisamos é dunha administración de Xustiza dotada dos medios necesarios para ser máis áxil e eficaz”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro BNG Vigo

O BNG pide a Fernández-Tapias que deixe de facer posados na Cidade da Xustiza e esixa á Xunta os xulgados de 24 horas en Vigo

A fronte nacionalista reclama a posta en marcha inmediata deste sistema de gardas que permitiría desconxestionar o partido xudicial de Vigo, con 20 mil asuntos pendentes.

Xabier P. Igrexas: “Conta co respaldo unánime dos operadores xudiciais, do Concello de Vigo, do TSXG e do propio Ministerio, e só depende de que a Xunta decida implantalo”.

Ler novas
Novas
WhatsApp Image 2021-03-15 at 13.16.14 (1)

O BNG advirte que a nova Cidade da Xustiza de Vigo non resolve todas as necesidades do partido xudicial

Alertan da incerteza que envolve o traslado da actividade xudicial ás novas dependencias, sen que o persoal nin a súa representación sindical coñezan a súa planificación. 

Denuncian de que existen dúbidas sobre a funcionalidade dos novos espazos para o rexistro civil, medicina legal e policía autonómica. 

A fronte nacionalista demandará no Parlamento galego que o Consello de Contas audite o sobrecusto dun 30% das obras dos novos xulgados. 

Ler novas