O Bloque critica a incoherencia do alcalde ao non impulsar o derrubo da cruz do Castro

O Bloque critica a incoherencia do alcalde ao non impulsar o derrubo da cruz do Castro

O concelleiro do BNG, Xabier Alonso, criticou a incoherencia de Caballero ao organizar unha homenaxe aos alcaldes de Vigo e Lavadores fusilados en 1936 e non acceder ao derrubo da cruz do Castro. “Desexamos que na nosa cidade non perviva ningún símbolo franquista”, afirmou o edil nacionalista tras o acto conmemorativo organizado esta tarde por diversas formacións políticas en Pereiró.

“Non entendemos por que o alcalde non da cumprimento ás continuas reclamacións da Asociación pola Memoria Histórica para derrubar a cruz dos caídos e cumprir así a Lei da Memoria Histórica”, comentou o concelleiro nacionalista.

O Bloque Nacionalista Galego participou esta tarde no acto de homenaxe organizado por diversas formacións políticas no cemiterio de Pereiró, no que se lembrou ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, e o alcalde de Lavadores, José Antela Conde, así como outras figuras senlleiras da cidade, fusilados o 27 de agosto de 1936.

Xabier Alonso lembro que en novembro de 2012 o pleno aprobou por unanimidade unha mocións que instaba ao goberno vigués a executar de forma urxente un plan de mellora do contorno do Castro. Asemade, recordou que o BNG presentou unha emenda a esta moción para impulsar a eliminación da cruz dos caídos, que foi rexeitada polo grupo popular.

O Bloque critica a incoherencia do alcalde ao non impulsar o derrubo da cruz do Castro