O Bloque demanda a Fomento "respostas claras e concretas" sobre o traspaso da avenida de Madrid

O Bloque demanda a Fomento "respostas claras e concretas" sobre o traspaso da avenida de Madrid

Olaia Fernández Davila reprocha a Fomento que se limite a “dar respostas obvias que todo o mundo coñece” e pídelle que explique se comunicou de maneira oficial ao concello vigués a transferencia deste vial

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para pedirlle ao Ministerio de Fomento “clareza e explicacións concretas sobre o traspaso da Avenida de Madrid ao concello de Vigo”.

A deputada do BNG dirixira hai uns meses unha pregunta parlamentar a Fomento sobre este tema, e Fomento limitouse a respostar “unha obviedade xa coñecida” ao sinalar que “o concello de Vigo adoptou en 2009 o acordo de solicitar a transferencia de titularidade da Autovía A-55 ao seu paso por dito termo municipal”.

Davila acusa a Fomento de “eludir respostas á preguntas concretas formuladas por esta deputada e non da explicacións”. Razón pola que a parlamentar nacionalista dirixe unha batería de cuestións ao Ministerio:

“Acordou o Ministerio de Fomento o traspaso ao concello de Vigo da titularidade da Avenida de Madrid (A-55), solicitada polo concello vigués en 2009? Comunicou o Ministerio de Fomento de maneira oficial ao concello de Vigo a transferencia da Avenida de Madrid? Vai proceder ao traspaso sen facer antes as melloras e reformas que este vial precisa? De non ser así, vai acompañar o traspaso da dotación económica correspondente para reformala?”.

Davila considera que o Ministerio de Fomento non pode dar a “calada por resposta sobre un tema que é importante para a cidade viguesa”.

O Bloque demanda a Fomento "respostas claras e concretas" sobre o traspaso da avenida de Madrid