O BNG de Vigo demanda unha auditoría da depuradora de Teis para evitar novas verteduras

teis03

A fronte nacionalista quere coñecer se a causa dos vertidos foi a falla a de mantemento da EDAR.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, critica que a única reacción do Goberno municipal teña sido negar a evidencia en lugar de actuar para evitar que estas situacións se volvan producir.

O BNG de Vigo demanda unha auditoría da depuradora de Teis para evitar novas verteduras

O Bloque Nacionalista Galego demanda do Goberno municipal que adopte medidas concretas e urxentes para evitar que se produzan novas verteduras de augas sen depurar na EDAR de Teis. A fronte nacionalista solicita coñecer en detalle cando se produciron e porque causa os “alivios” de auga sen depurar, que se realice unha auditoría das instalacións diante das denuncias de falla de mantemento e que se realicen probas da calidade da auga nas súas inmediacións.

teis 02O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, anunciou esta batería de medidas após manter un encontro coa Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Teis, na que puxeron en común a preocupación da veciñanza diante do reiterado destas verteduras.

“Nas últimas semanas xa van 3 casos documentados de verteduras de augas sen depurar, e non podemos entender que a única reacción do alcalde fora negar a evidencia en lugar de actuar para investigar o sucedido e adoptar todas as medidas necesarias para evitar que volva ocorrer”, reclamou o edil.

Emporiso, solicitarán que se informe en detalle dos días, horas e motivos dos “alivios” (as saídas de auga non depurada polo emisario) que se teñan producido na depuradora de Teis. Tamén demandan que se practiquen probas de calidade da auga nas súas inmediacións para confirmar o grao do impacto ambiental destas verteduras.

teis01Para o portavoz municipal nacionalista “é momento de realizar unha auditoría da EDAR para comprobar se, como apuntan algunhas informacións, estas verteduras se deben á falla de actuación e mantemento da empresa concesionaria, e para valorar se a depuradora ten capacidade suficiente”.

Desde a fronte nacionalista consideran “inaceptábel que a veciñanza de Teis que paga, no carísimo recibo da auga que ten esta cidade, o saneamento e a depuración, teña que seguir padecendo de maneira reiterada este tipo de vertidos”.

O BNG de Vigo demanda unha auditoría da depuradora de Teis para evitar novas verteduras