Luís Bará anuncia en Vigo que o BNG creará dende o goberno da Xunta un Grupo Naval Galego con intervención pública para xerar emprego de calidade no sector

O cabeza de lista subliñou a necesidade de poñer en marcha a Mesa do Naval, activar o proxecto do Centro de Reparacións na ría e resolver os problemas derivados na industria auxiliar

Participou hoxe xunto a Alexandra Fernández e Xabier P. Igrexas na manifestación que partiu de Barreras e rematou na delegación da Xunta

Luís Bará anuncia en Vigo que o BNG creará dende o goberno da Xunta un Grupo Naval Galego con intervención pública para xerar emprego de calidade no sector

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, anunciou hoxe en Vigo que o BNG apostará dende o seu liderado na Xunta de Galiza por crear un Grupo Naval Galego (GNG) con intervención pública do goberno galego que permita xerar emprego de calidade no sector. Así o manifestou durante a súa participación na manifestación organizada pola CIG en defensa do naval vigués que saíu dende Barreras cara á delegación da Xunta de Galiza, na que estivo acompañado polas compañeiras de candidatura Alexandra Fernández e Carmela González, así como polo portavoz municipal Xabier P. Igrexas.

Bará explicou que existe unha aposta decidida  do BNG por potenciar o sector naval vigués con varias actuacións estratéxicas. En primeiro lugar nomeou a creación do Grupo Naval Galego a partir da recuperación de Barreras e de Vulcano, que definiu como “dous estaleiros históricos en grandes dificultades pola mala xestión e as malas alianzas ruinosas nas que as meteu o goberno galego, principalmente a alianza con Pemex tan cuestionada”.

En segundo lugar, o nacionalista manifestou a necesidade de poñer en marcha a Mesa do Naval prevista na Lei do Sector Naval do ano 2010 para analizar a situación do sector e estudar propostas de futuro.  Nomeadamente sinalou como unha das máis importantes activar o proxecto do Centro de Reparacións Navais na ría de Vigo que leva 12 anos paralizado e que podería ser un grande polo de actividade e emprego “porque tería unha carga de traballo estable e non dependería de contratos puntuais”.

Ao mesmo tempo, o BNG tamén considera urxente resolver todos os problemas  derivados para a industria auxiliar como consecuencia da crise de Barreras e Vulcano, “É preciso garantir carga de traballo mediante novos contratos e facer tamén un seguimento da situación das condicións laborais e salariais no sector para  evitar a precarización, xa que tamén é un risco que se corre nos últimos anos”, salientou.

“En definitiva, o BNG desde o goberno da Xunta apostará por Vigo, polo Plan Vigo, polo plan de desenvolvemento económico, industrial e tecnolóxico de Vigo e concretamente polo sector naval como un ha aposta de futuro para a área”, finalizou. 
Luís Bará anuncia en Vigo que o BNG creará dende o goberno da Xunta un Grupo Naval Galego con intervención pública para xerar emprego de calidade no sector