O BNG de Vigo critica que o goberno local vire as costas ao persoal que traballa en concesionarias municipais

foto_Xabier_Igrexas_2

O candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, denuncia que “sistematicamente o goberno municipal actúa de maneira cómplice, por acción e por omisión, coas empresas concesionarias desamparando ás traballadoras e traballadores”

O Bloque demanda o rescate e remunicipalización do servizo de XER e traslada o seu apoio ao persoal de Vitrasa.

O BNG de Vigo critica que o goberno local vire as costas ao persoal que traballa en concesionarias municipais

O BNG de Vigo expresou, por boca do seu candidato, Xabier P. Igrexas o seu rexeitamento diante do que cualifican como “conivencia e complicidade” por parte do goberno municicipal coas empresas concesionarias. “Vemos de maneira reiterada, como sistematicamente o goberno municipal actúa de maneira cómplice, por acción e por omisión, coas empresas concesionarias desamparando ás traballadoras e traballadores”, sinalou Pérez Igrexas, aludindo aos últimos conflitos abertos no servizo de XER (zona azul) e no transporte urbano.

Para o candidato nacionalista esta conflitividade ten base “na total falla de control” por parte do Concello de Vigo das empresas concesionarias. “Falamos de empresas que, en conxunto, reciben moitos millóns de euros de todos os vigueses e todas as viguesas, e que actúan sen apenas ningún tipo de supervisión municipal”, denunciou. No caso da XER, Pérez Igrexas sostén, ademais, que é “un exemplo claro” da falta de exixencia e rigor coa que se aplican os mecanismos de contratación municipal, toda vez é manifesto que a oferta da actual concesionaria era “temeraria en termos económicos por recoller custos moi por baixo da realidade”.

Igrexas criticou a falta de firmeza do goberno local diante dos despedimentos arbitrarios aplicados por Dornier. “Que máis motivos necesita o Concello de Vigo para rescatar esa concesión?”, preguntouse. O candidato do BNG aposta non só polo rescate do contrato, senón por poñer en marcha a remunicipalización do servizo. O BNG xa mantivo contactos informais con representantes sindicais de Dornier e mais Vitrasa, e teñen previsto reunirse nos próximos días con estes para coñecer en detalle a súa situación.

O BNG de Vigo critica que o goberno local vire as costas ao persoal que traballa en concesionarias municipais