O BNG APOIA A FOLGA DE MULLERES E FAI UN CHAMAMENTO Á MOBILIZACIÓN!

8 de marzo mulleres en folga

No marco do paro internacional de mulleres e da convocatoria de folga na Galiza, o BNG organiza este xoves unha mesa redonda para o debate, difusión e apoio á folga feminista do 8 de marzo. Nesta mesa redonda contarase coa participación de compañeiras que explicarán os motivos da folga nos ámbitos laboral, estudantil, do consumo e dos coidados.

Vémonos o xoves 1 de marzo, ás 20 horas, na Libraría Andel de Vigo. 

 

8 de marzo mulleres en folga

O vindeiro 8 de marzo é o Día Internacional das Mulleres Traballadoras e en máis de 50 países do mundo terá lugar un histórico paro internacional de mulleres. Na Galiza, a CIG vén de convocar folga de mulleres, e desde o BNG queremos amosar todo o noso apoio. Por iso estamos a organizar en todo o país actos de mobilización e difusión para colaborar co éxito da folga. En Vigo, a mesa redonda organizada polo Bloque, terá lugar o xoves 1 de marzo, ás 20 horas, na Libraría Andel de Vigo. 

Intervirán: 

Sefi Romero (responsábel acción feminista BNG Vigo), Jessica García Cruz (traballadora do telemarketing), Ernes Rodríguez Pastoriza (ex-traballadora de automoción), Ana Abraldes Solla (presidenta do comité de Bershka) e Raquel López Doce (traballadora social)

8 de marzo mulleres en folga