O BNG de Vigo alerta de importantes demoras nas citas médicas polo colapso da Atención Primaria
A fronte nacionalista urxe reforzar con máis medios e persoal os centros de saúde.
A fronte nacionalista urxe reforzar con máis medios e persoal os centros de saúde.
O concelleiro, Xabier P. Igrexas, esixe á Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, que explique á cidadanía “porque seguimos padecer unha sanidade recortada, que non conta cos medios necesarios, nin tan sequera para garantir algo tan básico e importante como é a vacina da gripe”.
A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, interpelou esta mesma semana o conselleiro de Sanidade para que dese conta do plan de continxencia do Sergas para atender as necesidades sanitarias, tanto as derivadas da Covid19 como as de carácter ordinario.
A deputada Montse Prado urxiu o reforzo da Atención Primaria con máis persoal e poñer en marcha un Plan de Choque con 200 millóns de euros adicionais.
O concelleiro Xabier P. Igrexas denunciou o colapso que se está a vivir nos centros de saúde da cidade.
Xabier P. Igrexas: “O BNG esixímoslle ao Partido Popular que deixe de recortar na atención sanitaria das nenas e dos nenos, que deixen de poñer en risco a saúde das nosas fillas e fillos, e que reverta de inmediato tanto o fechamento da planta pediátrica do HAC como os recortes na atención primaria”
O candidato nacionalista á alcaldía de Vigo, participou esta mañá nun encontro con representantes de diferentes colectivos sanitarios, no que tamén tomaron parte a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e a deputada Montse Prado.
Pontón denunciou que “o Partido Popular quere facer da enfermidade un negocio para os seus amigos e iso non o podemos permitir” e chamou a responder a través da mobilización.