Coronavirus
Novas
salvemoslahosteleria_vigo-1140x570

O BNG de Vigo lamenta que o partidismo de PP e PSOE impedira un acordo entre administracións para despregar axudas directas á hostalaría e o turismo

A fronte nacionalista denuncia que as posicións fechadas da Xunta, presidencias das deputacións e da Fegamp impediron un acordo necesario para despregar unhas axudas que xa van chegar tarde.

Xabier P. Igrexas: “É intolerábel que en medio desta situación, con millares de negocios en risco real de peche, uns e outros estean xogando a canto peor mellor facendo refén ao sector da hostalaría na súa disputa permanente.”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo propón o uso de máscaras FFP2 en todos os servizos municipais

Xabier P. Igrexas: "Diante da situación pandémica na área sanitaria e, singularmente na cidade de Vigo, cunha taxa de incidencia acumulada por acima de 450, cómpre alargar e reforzar as medidas preventivas para frearmos a trasmisión do coronavirus"

Inda non recibiron contestación do alcalde á solicitude dunha xuntanza urxente e ampliada do Comité de Seguimento Municipal da Covid19.

Ler novas
Novas
xpi auga

O BNG de Vigo pide actuar xa diante do descontrol da pandemia na área sanitaria

Demandan a convocatoria dunha xuntanza urxente e ampliada aos voceiros de todas as forzas do Pleno do Comité Municipal de Seguimento da Covid19, para consensuar novas medidas.

Reiteran a proposta trasladada pola portavoz nacional, Ana Pontón, dun confinamento de 15 días con axudas directas aos sectores afectados.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir agardando máis tempo. Hai que actuar xa. Temos que priorizar a saúde e a vida das persoas por acima de todo”

Ler novas
Novas
avento

O BNG de Vigo chama a poñer en marcha unha programación cultural municipal “en liña” para evitar que a pandemia afogue a cultura na cidade

Propoñen que se organicen actuacións e eventos no Auditorio Municipal para  súa emisión por medios dixitais, para facelos accesíbeis e axudar a compañías e artistas.

Xabier P. Igrexas: “É inconcibíbel que a cidade de Vigo non ofreza contidos culturais en liña cando dispoñemos dos medios económicos e técnicos para poder facelo”.

Ler novas
Novas
parques s

O Bloque cualifica de “irresponsábel e inxusta” a decisión de fechar a práctica totalidade dos parques infantís de Vigo

A fronte nacionalista critica “o desleixo e incapacidade de xestión” do Goberno municipal que leva desde outubro sen licitar o novo contrato para a desinfección.

Xabier P. Igrexas: “O único que vai provocar este peche é unha maior concentración de crianzas e familias nun menor número de parques, xusto o contrario do recomendan as autoridades sanitarias”.

Ler novas