Coronavirus
Novas
hostalaria01

O BNG demanda un plan de rescate urxente a favor da hostalaría de Vigo e alerta da súa situación límite

Xabier P. Igrexas: “Non é aceptábel que o Goberno municipal de Vigo vaia subvencionar o vindeiro ano con 2 millóns 700 mil euros a aeroliñas privadas e pretenda non destinar un só euro de axudas directas á hostalaría e o pequeno comercio da cidade”.

A deputada e portavoz de Comercio do BNG no Parlamento galego, critica o desleixo da Xunta e denuncia que apenas resolveron o 20% das axudas a persoas autónomas.

Ler novas
Novas
montse02

O BNG alerta das “graves deficiencias” na limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro e esixe á Xunta que actúe

A fronte nacionalista recolle as denuncias do propio persoal do servizo e apoia a súa demanda de que se reforce con máis persoal e protocolos claros.

Montse Prado critica que o modelo privatizador do HAC, que supón un custe por acima dos 100 millóns de euros anuais, continúe a condicionar a atención sanitaria.

Xabier P. Igrexas:  “É inaceptábel que os baños dun hospital se limpen menos veces que os dun centro comercial, e que isto pase no medio dunha pandemia é unha temeridade moi perigosa”.

Ler novas
Novas
encontro

O BNG de Vigo volverá urxir no Pleno medidas de apoio municipal ao tecido cultural da cidade

A fronte nacionalista mantivo un encontro virtual con 13 representantes de diferentes sectores e ámbitos da cultura viguesa, para poñer en común a necesidade dun cambio de rumo na política cultural do Concello.  

A través dunha moción propoñen un decálogo con liñas de actuación concretas para despregar “un parapeto municipal” que protexa a cultura como sector estratéxico para a cidade.

Xabier P. Igrexas: "Desde logo non é momento de destinar 325 mil euros de diñeiro publico á Igrexa Católica para financiar proxectos, que non nos parecen necesarios, como instalar un grande Sagrado Corazón de Xesús na Guía, senón de apuntalar a cultura en Vigo".

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo demanda explicacións sobre a plataforma web para o pequeno comercio anunciada en abril polo alcalde

A fronte nacionalista interpelou o Goberno municipal na última Comisión Informativa de Comercio sen obter ningunha resposta.

Xabier P. Igrexas: “O sector comercial da cidade está atravesando un momento moi duro e difícil, e evitar que as persianas dos estabelecementos non baixen definitivamente vai requirir algo máis que de anuncios, titulares e boas palabras”.

Ler novas