O BNG de Vigo demandará no Pleno solucións diante da “situación límite” dos bombeiros da cidade
- O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denuncia a inacción do Goberno municipal cando transcorreron 20 días de folga indefinida.
- O BNG presentou unha moción de urxencia para o seu debate no Pleno deste mércores, reclamando que se atendan as reivindicacións do colectivo.
- A fronte nacionalista esixe que se “deixe de xogar coa seguridade das viguesas e os vigueses”.