mocidade
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG require os informes cos que o Goberno municipal xustifica a non reapertura de Vigosónico

A fronte nacionalista denuncia que o goberno de Abel Caballero minte cando anuncia a pronta reapertura do espazo xuvenil porque non existe un proceso de licitación aberto, despois de renunciar a formalizar a última adxudicación en decembro de 2020.

Xabier P. Igrexas: “Facemos esta solicitude desde a desconfianza cara este Goberno local, xa que foi incapaz de dar respostas claras sobre a non reapertura do servizo”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas en Vigosónico

O BNG instala unha cinta vermella en Vigosónico para animar o alcalde a volver inauguralo e deixar de castigar a mocidade

A fronte nacionalista reitera a súa demanda de reapertura deste espazo xuvenil, pechado desde hai máis de 670 días, e insta ao Goberno municipal a cesar na súa política de  “desertización cultural”.

Xabier P. Igrexas: “Como sabemos que o único que lle preocupa a Abel Caballero son as inauguracións, vimos de instalar de forma simbólica unha cinta para convidalo a que o reabra de forma inmediata”.

Ler novas
Novas
carmela

O BNG reclamará no Parlamento de Galiza restricións horarias sobre salas de apostas e casinos

A fronte nacionalista alerta de que os horarios que se mantiveron durante semanas, superiores aos dos estabelecementos de ocio nocturno, exerceron un “efecto chamada” sobre a mocidade como se fosen unha alternativa de lecer máis.

Carmela González: “As consecuencias que esta situación produce na sociedade, e na mocidade en particular, son dramáticas, afectando gravemente a súa saúde e a súa economía ou a da súa familia”

Xabier P. Igrexas: “O que necesitaba a mocidade viguesa non era unha sala anexa do casino da Toxa como permitiu de maneira irresponsábel a Xunta do PP, senón políticas que atendan as súas necesidades”

Ler novas
Iniciativas Políticas
SAVE_20190519_173914

Xabier P. Igrexas: “O Concello ten que ofrecerlle moito máis á mocidade de Vigo que selfies co alcalde de turno”

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo defende recuperar os programas xuvenís suprimidos e poñer en marcha unha Rede de Espazos Xuvenís nos barrios e parroquias.

A fronte nacionalista aposta por dedicar máis esforzos desde o Concello para posibilitar que a mocidade se emancipe e poida emprender o seu proxecto de vida, con políticas no ámbito do emprego e a vivenda

Ler novas
Actualidade
5980607eb06da

Xabier P. Igrexas estrea perfil na rede Curious Cat para animar as mozas e mozos a que o coñezan mellor

“Nunha cidade onde hai unha xordeira continúa por parte de quen goberna, o BNG queremos manter unha escoita activa, tamén abertos a críticas para seguir mellorando no proxecto de cidade que queremos”, acrecenta o candidato da fronte

Igrexas abre o seu perfil en Curious Cat baixo o alias de “contradicurso”, o mesmo que xa emprega desde hai anos noutras redes sociais –como Twiter, Facebook ou Instagram– onde xa suma case 9 mil seguidores e seguidoras.

Ler novas
Goberno local
parque infantil

O BNG de Vigo propón instalar na cidade parques infantís cubertos

_O Bloque propón ante o Concello aproveitar a remodelación, xa licitada, de varios parques para instalar zonas de xogo cubertas. Demandan tamén unha  programación estábel de actividades de lecer para a infancia e a mocidade.

_"Hai unha importante carencia en políticas de materia infantil e xuvenil, non hai alternativas de ocio estables”, denuncia o candidato nacionalista á alcaldía, Xabier P. Igrexas.

Ler novas