naval
Novas
E1xa1xeXIAYFss4

O BNG pide a Caballero que dedique "a mesma enerxía e esforzo" a combater a crise industrial da cidade que a promocionar o "nadal colosal"

Xabier P. Igrexas: “Feixóo en Galiza patrocina o monocultivo do Xacobeo como única política de promoción económica e do emprego. E en Vigo Caballero promove o monocultivo das luces de nadal”.

A fronte nacionalista lembra que o PSOE tombou unha moción na que se recollía un paquete de medidas específicas para enfrontar o devalar industrial.

Ler novas
Novas
rop01

O BNG de Vigo insta a Caballero a non sumarse á ofensiva do PP contra o naval e opoñerse á extinción da concesión portuaria da antiga Vulcano

A fronte nacionalista advirte de que a extinción da concesión por parte da Autoridade Portuaria suporía abrir á porta á desaparición definitiva do centenario estaleiro de Teis e un golpe letal ao conxunto do sector naval.

Xabier P. Igrexas: “Caballero ten que decidir entre apoiar a desaparición dun estaleiro centenario, ou defender o futuro industrial da cidade e a continuidade do sector naval”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG critica que a Delegada da Xunta en Vigo non teña feito nada para atallar a crise industrial e blindar o futuro do naval na cidade 

A fronte nacionalista repróchalle a Marta Fernández-Tapias que utilice o cargo para axir como “comisaria de propaganda de Feixóo" e como plataforma na pugna interna polo liderado do PP vigués. 

Xabier P. Igrexas: “En seis meses que leva como Delegada da Xunta en Vigo, Fernández-Tapias inda non foi capaz de pronunciar as palabras ‘sector naval’ nin de actuar fronte a situación crítica de Vulcano e Barreras”. 

Ler novas
Novas
vulcano 01

O BNG levará a Parlamento e Congreso a esixencia de continuidade da actividade naval no antigo Vulcano

A deputada, Carmela González, e o concelleiro, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro con representantes do Comité de Empresa do antigo Vulcano.

Critican o silencio do Goberno municipal de Vigo e instan o alcalde, Abel Caballero, a opoñerse a calquera intento de resolver a actual concesión portuaria até que haxa garantías de continuidade do estaleiro.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que se feche un estaleiro fundamental para a construción naval de Vigo para poñer contedores. Esta parcela ten que dedicarse, si ou si, a reparar e construír barcos

Ler novas
Novas
vulcano

O BNG de Vigo esixe ao PP que cese na súa campaña contra o naval e asegure o futuro da actividade no antigo estaleiro Vulcano 

Xabier P. Igrexas: “As declaracións de onte de Enrique López Veiga son infames e verifican que o único que pretendía o PP desde a Autoridade Portuaria era finiquitar o estaleiro para destinar a parcela a outros usos”. 

A fronte nacionalista manterá mañá, xoves, un encontro co Comité de Empresa do estaleiro para abordar a situación creada após a sentenza sobre a concesión portuaria e anunciar iniciativas políticas en favor da continuidade da actividade naval nas gradas de Teis. 

Ler novas
Novas
auto 03

O BNG urxe a Xunta a intervir para poñer fin ao “permanente día da marmota” en Barreras

A fronte nacionalista critica a inacción do Goberno galego para blindar o futuro do sector naval vigués. 


Insisten en que calquera apoio público debe estar condicionado á participación directa na dirección do estaleiro, e defenden que se abra o debate sobre unha intervención pública do mesmo para garantir a continuidade da actividade e do emprego. 

Ler novas
Novas
carmela

O BNG demanda que calquera nova axuda a Barreras se condicione a que haxa presenza pública no seu accionariado e dirección

A deputada, Carmela González, instará a vindeira semana no Parlamento galego que a Xunta actúe para blindar a continuidade da actividade e do emprego no estaleiro.

Xabier P. Igrexas: “Vendo como o capital privado, coa súa nefasta xestión, cada pouco tempo nos empurra ao mesmo abismo, xa é hora de apostarmos por un sector naval público ou semipúblico na ría de Vigo”.

Ler novas