obras
Novas
Xacementos atopados durante as obras en Elduayen

O BNG de Vigo pide explicacións polo soterramento dos xacementos en Elduayen

A fronte nacionalista require os informes técnicos sobre a xestión dos restos patrimoniais e demanda transparencia do Goberno municipal, que non aportou ningunha información.

Xabier P. Igrexas: “Non perdamos a oportunidade de poñer en valor a nosa memoria colectiva, non hipotequemos a xestión patrimonial polas présas por rematar unha obra”.

Ler novas
Novas
OBRAS

O BNG de Vigo pide a fin do “ordeno e mando” e reclama participación veciñal nas humanizacións

Consideran “absolutamente razoábeis” as demandas da veciñanza de Coruxo que onte paralizou as obras de humanización da rúa José Rivas ante a negativa do Goberno municipal de escoitar as súas propostas.

A fronte nacionalista demanda que a veciñanza poida participar de maneira directa no deseño dos proxectos e na supervisións das obras para garantir que se dá resposta ás necesidades reais dos barrios e parroquias da cidade.

Xabier P. Igrexas: “Non se pode gobernar negándose a escoitar, desde o unilateralismo constante e con tics autoritarios. A cidade temos que facela entre todos e entre todas”

Ler novas
Novas
elduayen

O BNG de Vigo denuncia incidencias nas obras do túnel en Elduayen pola falla de control municipal

A fronte nacionalista alerta de que non se están a respeitar as medidas preventivas e de seguridade, de elevados niveis de ruído e de que xa se produciron golpes de maquinaria pesada contra varandas e fachadas de edificios catalogados.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, interpelou o Goberno municipal na Xerencia de Urbanismo e urxiuno a actuar para vixiar o cumprimento da normativa e garantir a seguridade de persoas e inmóbeis.

¬NOVO PXOM: O BNG abstívose na votación na Xerencia de Urbanismo do novo planeamento e reclamou un proceso de exposición pública que permita a participa-ción real da veciñanza e do tecido asociativo.

Ler novas
Novas
caballero obras

O BNG de Vigo critica a “irracionalidade e ineficiencia” na xestión das obras de humanización na cidade

A fronte nacionalista pon como exemplo a Avenida Alcalde Gregorio Espino que con menos de un quilómetro de extensión contará con 5 fases e non verá concluída a humanización, iniciada en 2018, até o ano 2023.

Xabier P. Igrexas: “Cinco anos é o que tarda o Goberno municipal de Vigo con máis orzamento da historia da cidade e con plena capacidade de obrar pola súa maioría absoluta, en humanizar pouco máis de 900 metros”.

Ler novas