orzamentos-municipais
Novas
pleno c

O BNG de Vigo demanda unha elaboración participativa dos novos orzamentos municipais

A fronte nacionalista pide que se poñan en marcha mecanismos que permitan a participación directa da veciñanza e do tecido asociativo para definir as contas do vindeiro ano.

Xabier P. Igrexas: “Queremos uns orzamentos de toda a cidade e non só do capricho de Abel Caballero. É hora de que Vigo avance cara a uns orzamentos máis participativos e democráticos, que respondan en maior medida ás necesidades reais do conxunto da cidade”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo propón destinar os remanentes a atender as necesidades reais da cidade e non a grandes inauguracións

Propoñen dedicar 23,5 millóns de euros a axudas directas ao comercio, hostalaría, industria cultural e o tecido asociativo, aumentar substancialmente os recursos do Plan Municipal de Emprego e despregar un plan de actuacións e melloras en todos os barrios.

Xabier P. Igrexas: “Vigo non pode seguir sendo a única das sete grandes cidades galegas que non ten mobilizado nin un só euro para axudar o pequeno comercio ou a hostalaría”.

Ler novas
Novas
xpi01

O BNG emenda 13,5 millóns de euros do orzamento municipal de Vigo para atender as necesidades reais da veciñanza e dos barrios e parroquias

A fronte nacionalista formulou 78 emendas parciais con propostas concretas para "poñer no centro da política municipal as necesidades do pobo".

Tres novas escolas infantís municipais, dúas novas bibliotecas, dedicar 3 millóns de euros ao Plan Municipal de Emprego, aumentar as partidas dedicadas a políticas de Igualdade, dotar de máis medios os programas sociais e crear unha nova axuda ao alugueiro, son algunhas das medidas que defenden.

Xabier P. Igrexas: "Vigo non pode permitirse gastar máis en atencións protocolarias que do que gasta en todo ano en campañas de sensibilización contra a violencia machista.

Ler novas
Novas
mordaza

O BNG de Vigo critica o papel “ornamental” do Consello Social da Cidade nos novos orzamentos municipais

A fronte nacionalista defende un cambio de modelo para converter os organismos consultivos do Concello en “espazos de participación efectiva e de codecisión”.

Xabier P. Igrexas: “Volvemos ter uns orzamentos elaborados polo PSOE tendo en conta só a opinión do PSOE. Urxe avanzar cara a unha democracia participativa e real que permita sumar ideas, vontades e esforzos”.

Ler novas
Goberno local
orzamentos 02

O BNG emenda 10 millóns e medio dos orzamentos municipais de Vigo para que se atendan "as necesidades reais da veciñanza e dos barrios e parroquias"

  • Xabier P. Igrexas: "Estes orzamentos pode que sexan bos para os intereses electoralistas de Caballero pero son moi malos para a cidade".
  • A formación nacionalista formulou 74 emendas parciais, recollendo propostas e demandas do tecido asociativo e os movementos sociais "que o Goberno se nega a escoitar". 
  • Máis política social, alargar os servizos públicos, un maior compromiso coa igualdade, frear a desertización cultural e a defensa ambiental e do benestar animal centran as propostas do Bloque.
Ler novas
Actualidade
SerafinOtero

O BNG emenda 7,5 millóns de euros do orzamento municipal para que atenda as necesidades reais de Vigo

_As modificacións buscan reforzar os servizos públicos, as políticas sociais, de emprego e de igualdade, e apostar nun Vigo máis verde.
 
_Propoñen duplicar o orzamento do Plan municipal de emprego, a construción de 3 novas escolas infantís e de 2 bibliotecas, crear unha axuda de 200€ mensuais para o alugueiro das familias sen recursos e a posta en marcha dun programa de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista.

Ler novas
Actualidade
serafinotero

Serafín Otero: “A proposta de orzamentos municipais non dá resposta aos problemas reais da xente e dos barrios”

_O responsábel local do BNG, Serafín Otero, fixo unha primeira valoración da proposta de orzamentos para 2017 e anunciou a posta en marcha dunha campaña para formular unha alternativa “radicalmente diferente”. 

_O Bloque presentou esta mañá en rolda de prensa as 17 alegacións presentadas ás ordenanzas fiscais aprobadas en solitario polo PSOE, por ser “socialmente inxustas”.

Ler novas