orzamentos
Novas
rolda orzamentos

O BNG demanda un aumento de 105 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para Vigo

A fronte nacionalista presenta emendas centradas en enfrontar os efectos socioeconómicos da pandemia, o reforzamento dos servizos públicos a atención de necesidades infraestruturais.

A deputada, Carmela González, denuncia que o proxecto de presupostos elaborados polo Partido Popular non están focados na reactivación do País.

Xabier P. Igrexas: “Os orzamentos de Feixóo insisten en virarlle as cotas á principal cidade de Galiza e pretenden continuar a política de abandono que o PP aplica en Vigo”.

Ler novas
Novas
bng 02

O BNG de Vigo propón un programa piloto de orzamentos participativos para 2021

Propoñen reservar unha partida de como mínimo 1 millón de euros para que a través de mecanismos de participación directa, de colectivos e veciñanza, se decida o seu uso.

Xabier P. Igrexas: “A mellor maneira para garantir que os orzamentos atenden as necesidades reais da veciñanza e dos nosos barrios e parroquias, é contar coa súa opinión”

Ler novas
Novas
pleno01

O BNG cualifica de “pésima nova” o acordo da FEMP que permite a incautación dos remanentes do Concello de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Cando Caballero ten que escoller entre facer valer os dereitos da cidade ou acatar mansamente as ordes de Ferraz e a Moncloa, opta sen rubor polo segundo. En lugar de alcalde de Vigo hoxe exerceu tristemente de mandado do PSOE”.

A fronte nacionalista advirte de que esta decisión impedirá que o Concello conte cos recursos necesarios para facer fronte ás necesidades sociais derivadas da crise da Covid19 na cidade.

Ler novas
Novas
MONTERO CABALLERO

O BNG lanza unha recollida de sinaturas na Rede contra a incautación dos remanentes do Concello de Vigo

A fronte nacionalista oponse á intención do Goberno español de facerse cos aforros da cidade e demandan poder dispoñer deles para enfrontar as necesidades sociais derivadas da crise da Covid19. 

Xabier P. Igrexas: “Perante o intento de Facenda de se apropiar dos recursos de Vigo e da renuncia de Caballero de defender os intereses da cidade, a veciñanza ten que mobilizarse e esixir o que é de xustiza”. 

Ler novas