O BNG reclama unha posición firme do Concello de Vigo diante da DEUP e do novo proxecto de recheo de Bouzas
_A fronte nacionalista interpelou o Goberno municipal urxindo a alegar en contra da delimitación de usos e dun novo aterramento de 65 mil metros cadrados en Bouzas.
_Instan a Abel Caballero “a deixar de poñerse de perfil” e a utilizar todos os medios administrativos e legais ao seu dispor para evitar novas agresións á ría.
_Xabier P. Igrexas: “O tempo dos recheos ten que acabar. O desenvolvemento das potencialidades portuarias de Vigo non pode seguir facéndose a costa de novas agresións ambientais contra un ecosistema privilexiado como é ría de Vigo”