recortes
Novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG acusa á Xunta do PP de colapsar as Urxencias de Vigo por mor dos recortes sanitarios

A fronte nacionalista sinala que o peche de centros de saúde polas tardes e a falta de persoal están a provocar unha “preocupante e grave” saturación no PAC e no Hospital Álvaro Cunqueiro

Denuncia esperas de até 48 horas para ser ingresados por falta de camas e derivacións de doentes cara centros privados como Povisa e Fátima pola sobrecarga asistencial

Montse Prado: “O goberno do PP está volcado en crear un relato fraudulento de que só hai problemas puntuais, cando esa non é a realidade da sanidade pública galega”

Xabier P. Igrexas: “Advertimos ao conselleiro de Sanidade de que non reforzar o servizo sanitario na área de Vigo é incorrer nunha evidente neglixencia criminal”

Ler novas
Novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG insta á Xunta a deixar de actuar como comercial das empresas privadas na área sanitaria de Vigo

A fronte nacionalista denuncia que o Goberno galego continúa desviando recursos “millonarios” da rede pública para alixeirar as listas de espera.

Montse Prado: “Todas as decisións tomadas polo PP na Xunta van na dirección de condicionar a atención sanitaria en Vigo para garantir a dependencia da privada”.

Xabier P. Igrexas chama a “plantarlle cara ás políticas coas que o PP pon en xogo a saúde” participando masivamente na mobilización convocada en Vigo por SOS Sanidade Pública o vindeiro 12 de maio.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG alerta de novas demoras nos centros de saúde de Vigo con esperas de até dúas semanas en Navia

A fronte nacionalista denuncia un aumento “moi preocupante” dos tempos de espera na Atención Primaria, provocando sobrecarga asistencial no PAC e no Hospital Álvaro Cunqueiro e numerosas queixas veciñais.

Xabier P. Igrexas: “O BNG temos que esixir máis unha vez á Xunta do PP que rectifique esta política sanitaria de recortes e privatización, que deixen de xogar coa saúde de todas as viguesas e os vigueses”.

Ler novas
Novas

O BNG denuncia recortes dun 90% dos recursos na reapertura de Vigosónico

A fronte nacionalista cualifica de “tomadura de pelo” que se retome a actividade do espazo xuvenil, tras dous anos de peche, con menos servizos dos que prestaba.

Xabier P. Igrexas: “O que leva meses pedindo a mocidade é que lles devolvan Vigosónico con todos os servizos que tiña e Caballero só vai contratar un conserxe".

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG denuncia un novo recorte de frecuencias en Vitrasa coa fusión das liñas 8 e 9A

A fronte nacionalista pide que o goberno de Abel Caballero aclare se autorizou a nova liña “A” anunciada pola concesionaria de bus urbano, que supón unha redución de 30 frecuencias diarias e alargar o percorrido até unha hora e media.

Xabier P. Igrexas: “Esta decisión de Vitrasa consolida e agrava os recortes no servizo de bus que xa se viñan aplicando nos últimos meses e anos”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG defenderá no Pleno de Vigo un reforzo urxente da Atención Primaria ante o desmantelamento promovido pola Xunta

A fronte nacionalista presenta unha moción para que non volvan aplicarse restricións nos centros de saúde, incrementar o orzamento e o persoal e rematar coa precariedade laboral.  

Xabier P. Igrexas: “A pandemia deixou en evidencia as carencias deste modelo sanitario tras máis dunha década de continuados recortes do goberno de Feixóo”.

Ler novas
Novas
Cargos institucionais e orgánicos do BNG concentrados diante da delegación da Xunta en Vigo

O BNG esixe unha rectificación da Xunta pola suspensión da asistencia sanitaria en 14 centros da área de Vigo

Cargos institucionais e orgánicos da fronte nacionalista denuncian diante da delegación da Xunta en Vigo a situación de colapso da Atención Primaria como consecuencia das políticas de recortes e privatización do PP.

Montserrat Prado: “É inaceptábel que a veciñanza da área sanitaria de Vigo reciba unha asistencia propia dunha época de guerra, que as e os profesionais teñan que escoller cada día a quen atenden e a quen non”.

Ler novas