seguridade
Novas
1694961869832

O BNG de Vigo demanda unha actuación urxente para poñer fin ao abandono do parque público do Museo Liste

A fronte nacionalista denuncia a falla de mantemento da zona axardinada, con árbores en risco de caída por falla de atención, e tamén o estado precario da zona de xogos infantil

Xabier P. Igrexas: “Moitas familias están preocupadas polo abandono do parque e transmítennos que están fartas de trasladar queixas a través da web municipal e o 010 sen que ninguén faga nada”

¬Incidente na Gran Vía: Sobre a caída dunha póla sobre un vehículo ferindo a condutora o BNG reclama unha mellor atención do arboredo urbano

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas con representantes CIG Bombeiros

O BNG de Vigo acusa a Caballero de mentir sobre os bombeiros e advirte de que son insuficientes para garantir a seguridade

O portavoz municipal da fronte nacionalista reclama reforzos inmediatos no cadro de persoal, que non permite asegurar o mínimo de efectivos diarios, tras manter un encontro con representantes da CIG

Cualifica de “irresponsabilidade” a paralización das Ofertas Públicas de Emprego dos últimos tres anos, que prevén incorporar 38 novos postos no servizo

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten que actuar xa ante o grave risco desta situación, en lugar dese discurso inaceptábel do alcalde culpando os bombeiros”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Carmela González reunidos co representantes de CIG-Servizos

O BNG alerta que o recorte da seguridade na Cidade da Xustiza deixará Vigo sen gardas de 24 horas

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación do concurso de vixilancia privada dos edificios xudiciais, que prevé unha redución do persoal, tras manter unha reunión con CIG-Servizos

Carmela González: “Este prego de condicións deixa claro que a Xunta non vai poñer en marcha as gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo que levamos anos demandando o BNG e o sector xudicial”

Xabier P. Igrexas: “O único que lle preocupou ao Partido Popular foi unha vistosa inauguración dun grande edificio, pero o que precisamos é dunha administración de Xustiza dotada dos medios necesarios para ser máis áxil e eficaz”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo chama a redeseñar o modelo de nadal para evitar o caos e os graves problemas do último ano

A fronte nacionalista pide apostar por un formato descentralizado, seguro, sustentábel e respectuoso co patrimonio fronte ao actual “parque temático inhabitábel e insoportábel”

Propón levar as instalacións máis alá do centro de Vigo, despregar un plan de mobilidade e seguridade con reforzos do transporte público e rematar coa vandalización do arboredo

Xabier P. Igrexas: “Nadal si, pero non así. A experiencia deste nadal debe provocar cambios, avanzando cara un modelo en beneficio do conxunto da cidade e non para satisfacer o ego de ninguén”

Ler novas
Novas
[Imaxe: @zonavigocentro]

O BNG de Vigo urxe rectificar o plan de tráfico e seguridade do nadal para “evitar unha desgraza”

A fronte nacionalista cualifica de “caos perigosísimo” as escenas vividas nos últimos días e reclama ao goberno de Caballero que tome medidas xa

Pide máis efectivos de Policía Local e Protección Civil, o reforzo do transporte público (tanto bus como taxi) e que se habiliten aparcamentos disuasorios nos accesos á cidade

Xabier P. Igrexas: “É evidente que tanto o plan de tráfico como as previsións en materia de seguridade son un fiasco absoluto”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide coñecer cantos bombeiros estiveron en activo cada xornada desde o 1 de xaneiro

A fronte nacionalista reitera que en todo o verán, desde xuño, non houbo unha só día no que a cidade dispuxese do mínimo de 20 bombeiros.

Xabier P. Igrexas:«Abel Caballero ten que dar a cara e dicirlle á cidadanía cantos días estiveron en perigo, nunha situación de indefensión absoluta, por causa da súa neglixencia e nefasta xestión do servizo de bombeiros»

Ler novas