social
Novas
saf

O BNG pide que se axilicen as altas de novas beneficiarias do SAF en Vigo e que se alargue a súa carteira de servizos

Xabier P. Igrexas: “Sabemos que hai moitas persoas en Vigo agardando que se lles conceda o SAF, por iso non podemos entender que haxa máis baixas que altas no servizo”

Critican que a concelleira de Política Social inda non se reunise co Comité de Empresa e demandan que informe das listas de agarda para o acceso ao servizo.

Denuncian que só o 15% do persoal do SAF recibiu a vacina fronte a Covid19 a pesar de ser persoal de primeira liña dun servizo esencial.

Ler novas
Novas
xpi02

O BNG de Vigo demanda un novo bono social que faga gratuíto o autobús ás persoas perceptoras do IMV, desempregadas de longa duración e sen ingresos

Para a fronte nacionalista non ten sentido que estes colectivos non se beneficien da gratuidade que si gozan, de maneira xusta, as pensionistas con ingresos de até 13.300 euros brutos anos.

Xabier P. Igrexas: “Se o alcalde baixase do coche oficial, inda que sexa híbrido, comprendería a importancia que ten unha medida como esta para millares de viguesas e vigueses que teñen dificultades económicas”

Ler novas
Novas
IMG_20190509_021925

No día mundial das cidades o BNG aposta por un Vigo “máis igualitario, máis participativo e máis sustentábel”

Para superar a  inercia e o esgotamento do actual Goberno municipal chaman a pensar colectivamente un novo proxecto de cidade con diálogo e participación.

Xabier P. Igrexas: “Fronte a ese afán permanente por empequenecer a cidade, por encastelala, por amurallala para enfrentarnos con todos por todo, o BNG apostamos por un Vigo que sexa motor dunha nova Galiza”.

Ler novas
Novas
montse01

Montse Prado: "Para o BNG unha das prioridades do novo Goberno galego ten que ser un cambio radical no modelo de atención das persoas maiores"

A deputada do BNG e candidata número 2 pola circunscrición de Pontevedra mantivo un encontro en Vigo coa Federación REDE, de usuarias e familiares de residencias e dependencia.

A fronte nacionalista demanda unha Comisión de Investigación para poñer luz sobre o acontecido nas residencias, onde perderon a vida 4 de cada 10 persoas falecidas no noso País a causa do coronavirus.

Ler novas
Goberno local
Xabier P. Igrexas presentando as alegacións do BNG Vigo aos orzamentos do Concello de Vigo

O BNG denuncia que se seguen a producir desafiuzamentos sen alternativa habitacional en Vigo

  • O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, fíxose eco de dous casos recentes que refutan a propaganda do Goberno municipal e deixan en evidencia a falla de política social de vivenda na cidade.
  • Demanda “medidas e compromisos reais” tanto por parte do Concello como pola Xunta para garantir o dereito de todas as persoas a teren “un lugar no que vivir e un teito baixo o que durmir”.  
Ler novas