transporte
Actualidade

Urxe retomar o diálogo para implantación do transporte metropolitano en Vigo

O fallo xudicial que obriga ao Concello de Vigo a suprimir a restrición do empadroamento para acceder á recén implantada tarxeta do transporte urbano de Vigo (PassVigo), vén a ratificar o despropósito da actuación do goberno de Abel Caballero, resultado dunha política de confrontación de carácter personalista coa Xunta de Galiza que ten ocasionando graves perxuízos á veciñanza tanto de Vigo como dos concellos limítrofes.A falla de capacidade de entendemento entre ambas as dúas administración tería convertido en papel mollado o convenio subscrito o 6 de xullo de 2016 para a integración do transporte urbano de Vigo no transporte metropolitano.

Ler novas
Parlamento galego
tren

O BNG urxe investir na rede ferroviaria para que Galiza deixe de ter “un tren do século XIX”

_O deputado Luís Bará denunciou que o corte durante dez días da conexión entre Vigo e Ourense evidencia o pésimo estado da rede de ferrocarril.

_A fronte nacionalista levará ao Parlamento galego novas iniciativas para reclamar un maior investimento, a potenciación do tren de proximidade, a posta en marcha da saída sur e a mellora da conexión de media distancia.

Ler novas
Parlamento galego
trencelta

 O BNG demanda que a conexión ferroviaria entre Vigo e Porto en 75 minutos fique lista antes de 2020

_O deputado nacionalista, Luís Bará, presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza instando a Xunta a exixir do Goberno español que adopte as medidas necesarias para axilizar o proxecto prometido para 2013.

_Desde o BNG de Vigo xulgan que se trata dunha infraestrutura “vital e estratéxica” para a cidade olívica e a súa contorna metropolitana.

Ler novas