CORONAVIRUS

O BNG de Vigo esixe un “xiro radical” na posición de Educación e que atenda de maneira inmediata as reivindicacións da comunidade educativa

bng 11
O concelleiro, Xabier P. Igrexas, critica que a resposta da Xunta se limite a “parches insuficientes” e demandou que se reforcen os centros con máis profesorado.
O BNG de Vigo esixe un “xiro radical” na posición de Educación e que atenda de maneira inmediata as reivindicacións da comunidade educativa

O Bloque Nacionalista Galego volveu esixir un “xiro radical” na política adoptada pola Consellaría de Educación en relación ao inicio de curso. Así o manifestou en Vigo o concelleiro, Xabier P. Igrexas, após participar na concentración sindical decorrida diante da sede da Delegación Territorial da Xunta na cidade olívica no marco da xornada de folga de profesorado.

bng12Igrexas denunciou que a resposta da Xunta limítase polo momento a “parches insuficientes” e non abordan a imperativa necesidade de reforzar con máis medios materiais e, sobre todo, humanos os centros educativos. “É moi preocupante a actitude de Educación que sigue sen querer dotar do profesorado necesario os centros para permitir o inicio de aulas presenciais coa máxima seguridade”, reprochou.

A este respeito o edil nacionalista alertou de que os “pequenos reforzos parciais” que se teñen acordado para algúns dos centros da cidade non van evitar que a casuística de que varios docentes fiquen en situación de IT ou isolados poida poñer ao borde do colapso o funcionamento das aulas. Aliás, sinalou as consecuencias negativas que se poden derivar do cambio de horario lectivo que se está a adoptar nalgúns centros por falla de medios.

O portavoz municipal nacionalista urxiu o Goberno galego a “atender de maneira urxente as reivindicacións da comunidade educativa” para garantir o dereito do estudantado a recibiren aulas presenciais nas mellores condicións.

O BNG de Vigo esixe un “xiro radical” na posición de Educación e que atenda de maneira inmediata as reivindicacións da comunidade educativa