O BNG de Vigo propón unha declaración institucional aos 90 anos do golpe fascista de 1936 para reafirmar o compromiso coa memoria democrática
A iniciativa reclama a condena do golpe militar fascista, a reparación das vítimas, o tributo á resistencia antifranquista, a retirada da simboloxía franquista -incluída a Cruz dos Caídos no Castro- e a institucionalización do Día da Galiza Mártir na cidade
Xabier P. Igrexas: “Vigo ten que decidir se quere seguir sendo unha cidade con fendas de silencio e amnesia ou a vangarda da liberdade, a xustiza e a memoria democrática"