Boletín dixital do BNG Comarca de Vigo Nº244
Xabier P. Igrexas: “O BNG volvemos ao Concello de Vigo para quedar”
O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, agradeceu o apoio das case 8500 viguesas e vigueses que apoiaron o BNG e permitiron o seu regreso á Corporación Municipal obtendo un asento no Pleno.
Igrexas recoñeceu a “clara vitoria” do PSOE, pero advirte que “ningunha maioría absoluta, por folgada que sexa, é un cheque en branco para gobernar de costas ou en contra da veciñanza”. O BNG celebra “o desplome do PP de Feixóo” en Vigo e que forzas “españolistas ultra e reaccionarias” como Vox e Ciudadanos non obtiveran representación.
“O asento do BNG no pleno vai ser tamén o asento que dea voz ao tecido asociativo e de todas as viguesas que cren que a cidade merece máis. Centrarémonos en ofrecer alternativas en positivo para responder ás necesidades reais das viguesas e vigueses, dos barrios e parroquias”, anticipou Igrexas.
O BNG urxe a convocatoria das OPE pendentes para reforzar con máis persoal o corpo de bombeiros de Vigo
O candidato nacionalista pide ter un parque á altura dunha cidade de 300.000 habitantes e non dunha de apenas 100.000 garantindo como mínimo 150 bombeiros.
“Ás portas do verán e coa evidente falta de vontade política do actual goberno, o que nos preocupa é que se repitan situacións como a vaga de lumes do 2017 e que este colapso do servizo poña en risco a seguridade”, recordou Pérez Igrexas.
O BNG quere dar un xiro de 180º na política cultural para ‘humanizar’ de verdade de Vigo
45 referentes culturais asinan o manifesto “Somos cultura, temos lingua” demandando o apoio ao BNG para reverter a política de desertización cultural.
O candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas aposta “democratizar o acceso á cultura, aproximándoa ás clases populares e traballadoras e despregándoa nos barrios e parroquias”.
O BNG propón unha nova xestión do lixo en Vigo que rompa co modelo “insustentábel e ruinoso” de Sogama
O candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas, demanda a posta en marcha dun Plan Director dos Resíduos Sólidos Urbanos, apostando na redución, reutilización e reciclaxe, e implementar a recollida separada da fracción orgánica e a súa compostaxe
O BNG chama a evitar unha nova maioría absoluta e tende a man á veciñanza a se sumar ao seu proxecto en positivo
“Agora que é claro que a dereita non suma e non poderá gobernar Vigo, tendemos a man a todas as viguesas e vigueses para que se sumen ao proxecto en positivo que representa o BNG e evitar dar unha nova maioría absoluta a quen a entendeu estes catro anos como un cheque en branco para gobernar de maneira autoritaria e de costas á veciñanza”, propón o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas.
O BNG promoverá un novo Regulamento de Participación Cidadá “para facer que non escoitar deixe de ser unha opción” e avanzar cara a un modelo de “codecisión” que lle dea voz e voto aos colectivos sociais.
O BNG propón accións reais e urxentes para dinamizar o Porto de Vigo e convertelo no verdadeiro motor da cidade
“Volvemos trasladar a nosa posición firme e radical de que o tempo dos recheos na ría de Vigo rematou, non imos permitir nin unha agresión máis á ría”, expresou firmemente o candidato á alcaldía Xabier P. Igrexas
Pontón reivindica a pegada do BNG en Vigo e amósase convencida de que volverá ao Concello tras o 26 M
“A entrada do BNG suporá unha aposta por deixar atrás a confrontación estéril que da pelexa de egos Caballero-Feixóo que está pagando a cidade”
Pérez Igrexas compromete “un Vigo de iguais e inclusivo para as persoas con diversidade funcional”
O BNG inicia a campaña baixo o lema Agora Vigo para impulsar unha cidade de iguais e para o pobo
Con medidas en materia de política social, cultural, mobilidade ou emprego e radicalmente feministas e enfocadas á mocidade para facer crecer a unha cidade con “enormes potencialidades”
“Entendemos que é o momento de darlle a Vigo un novo impulso e de rachar co inactivismo asentado no Concello no que non hai a día de hoxe unha oposición real que defenda os intereses das viguesas e os vigueses”, acrecenta o candidato Xabier P.Igrexas