Contacto
Podes contactar co Grupo Municipal do BNG no Concello de Vigo a través do seguintes medios:
- Teléfonos: 986810120 e 986447300
- Correo electrónico: ofi.bng@vigo.org
- Oficina presencial no 8º andar da Casa do Concello.
- Redes sociais:
Composición
No mandato 2023-2027 o noso Grupo Municipal está integrado por:

1. Xabier Pérez Igrexas - Portavoz municipal
Concelleiro e Portavoz municipal do BNG de Vigo desde o 2019. Implicado desde moi novo nos movementos sociais, fixo parte activa do asociacionismo veciñal desempeñando como secretario da FAVEC, no estudantil como secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes, e tamén a nivel sindical asumindo diferentes responsabilidades na CIG. Administrativo de profesión, exerceu tamén como colaborador xornalístico en diferentes medios de comunicación.
En representación do BNG fai parte do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, da Xunta de Portavoces e mais do Consello Social da Cidade.
2. Ana Martínez Piñeiro - Concelleira
Licenciada en Xeografía e Historia e Especialista en Xestión da Información na Administración e na Empresa. Bibliotecaria na Universidade de Vigo desde 2001. Vicerresponsábel local e responsábel de Cultura e Lingua do BNG de Vigo, colaborou coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na elaboración da súa base de datos de discografía da música tradicional.
En representación do BNG fai parte do Consello Municipal da Muller e das Comisións Informativas de: Patrimonio Historico, Cultura, Igualdade e Normalización lingüística; Política Social e Turismo; Orzamentos e Facenda.
3. Filipe Abalde Comesaña - Concelleiro
Diplomado en Educación Física. Foi adestrador e preparador físico no fútbol base. Foi membro da directiva da S.C.D. Atlántida de Matamá e do Colectivo Malaherba. Vencellado ao celtismo, fai parte activa do Colectivo Galeguista “Nós”. Durante anos operario na automoción, actualmente traballa no audiovisual galego no eido da interpretación.
En representación do BNG fai parte da Comisións Informativas de: Fomento e Servizos; Emprego, Fondos europeos, Patrimonio, Medio ambiente, Educación, Deportes e Xuventude; Seguridade, Festas, Contratación e Xestión municipal; Parques e xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Festas especiais.