
A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2026 á escritora, xornalista e activista viguesa Begoña Caamaño.
A súa obra literaria e xornalística non se pode desvincular das súas conviccións, que amosou e defendeu activamente e que hoxe non podemos nin queremos esquecer.
Desde o BNG reivindicamos Begoña Caamaño en todas as súas facetas: literaria, xornalística, feminista, nacionalista, sindicalista, antimilitarista e vinculada ao movemento veciñal.
Pretendemos con este ciclo amosarlle á cidadanía quen foi Begoña Caamaño e a súa relación con esta cidade de Vigo que a viu nacer, medrar, formarse e tomar conciencia social e de país.
Aliás, o BNG propoñemos que se lle conceda de forma póstuma a Medalla de Ouro de Vigo neste ano 2026, máximo galardón da nosa cidade, e o recoñecemento da praza do Calvario fronte ao IES Castelao, lugar simbólico da súa infancia, co seu nome.
Mércores 25 de marzo ás 19:30h
Mesa redonda - Begoña Caamaño, escritora (e) feminista
Lugar: A Morada (rúa Enrique X. Macías, 6)
Participan: Bea Caamaño (irmá de Begoña), Ester Mariño (activista feminista) e Marta Dacosta (escritora)
Presenta: Ana Martínez (concelleira do BNG de Vigo)
Venres 24 de abril ás 19:30h
Mesa redonda - Begoña Caamaño e a loita polo dereito á información
A Contenedora (rúa Eduardo Iglesias, 11)
Participan: Concha de la Fuente (produtora de radio) e Xosé Manuel Pérez (xornalista)
Presenta: Roberto Pascual (xestor cultural)
Sábado 9 de maio ás 11:30h
Roteiro - O Vigo de Begoña Caamaño: o Calvario
Punto de encontro: Libraría Cartabón (rúa Urzáiz, 125)
Guiado por Ramón Nicolás (escritor e docente) e Bea Caamaño (irmá de Begoña)
*Inscricións en culturabngvigo@gmail.com ou no tlf. 986.44.73.00
Sábado 23 de maio ás 11:00h
Roteiro - O Vigo de Begoña Caamaño: Coia e as loitas veciñais
Punto de encontro: Volcáns da avenida de Castelao
Guiado por Serafín Otero (ex secretario comarcal da CIG) e Bea Caamaño (irmá de Begoña)
*Inscricións en culturabngvigo@gmail.com ou no tlf. 986.44.73.00
Venres 5 de xuño ás 19:30h
Mesa redonda - Begoña Caamaño: activismo ao servizo do país
Lugar: Évame Oroza (rúa Subida á Costa, 5)
Participa: Goretti Sanmartín (alcaldesa do BNG en Santiago de Compostela) e Leonardo Fernández (músico e docente sindicado)
Presenta: Xabier P. Igrexas (portavoz municipal do BNG de Vigo)