abanca
Novas
Xabier P. Igrexas_portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo insta a Concello e Xunta a demandar a cesión de uso gratuíta de todas as vivendas de Abanca para alugueiros accesíbeis

Defende esta fórmula para incorporar vivenda a un parque público de alugueiro social de maneira inmediata e sen custo de adquisición diante do grave problema na cidade

Sinala que Abanca tivo beneficios de 900 millóns de euros en 2025 pero só devolveu o 16% dos 6.200 millóns de diñeiro público cos que foi rescatada

Xabier P. Igrexas: “É momento de reclamar que esta entidade, construída en grande medida sobre o aforro de Vigo, achegue en beneficio da cidade inda que for unha pequena parte destes importantes rendementos"

Ler novas
Novas
xpi01

O BNG levará ao Pleno de Vigo o rexeitamento ás comisións bancarias abusivas

Instan a que o Concello de Vigo esixa de Abanca a devolución das comisións de 100 euros anuais por mantemento das contas e a que no caso de non o facer se revisen todos os contratos municipais con esa entidade.

Demandan do Goberno español a supresión de todas as comisións bancarias e que a Xunta de Galiza impulse a creación dunha Banca Pública Galega.

Ler novas