anel verde
Novas

O BNG reclamará no Pleno de Vigo a dimisión de Rueda pola xestión “neglixente” da vaga de lumes

Traslada unha moción para esixir un cambio estrutural na política forestal e territorial da Xunta, a quen responsabiliza das devastadoras consecuencias dos incendios que arrasaron 140.000 hectáreas este verán

Insta ao Goberno de Caballero a liderar a execución do prometido Anel Verde en Vigo

Xabier P. Igrexas: “Faltaron planificación, prevención e medios; e sobraron improvisación e propaganda por parte do Goberno galego do PP”

Ler novas
Novas

O BNG alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros en plena vaga de calor e incendios

A fronte nacionalista acusa ao goberno de Abel Caballero de provocar un contexto de inseguridade por non dotar de efectivos suficientes ao corpo, que non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros fixados para garantir o operativo

Denuncia que, cinco anos despois dos graves lumes que asolaron a cidade, nin Concello nin Xunta teñan posto ningún recurso para despregar o prometido anel verde

Xabier P. Igrexas: “Esta situación débese á nefasta xestión do Goberno municipal que ten que motivar explicacións urxentes e, sobre todo, a adopción de medidas inmediatas”

Ler novas