O BNG denuncia “neglixencias graves” de seguridade e saúde nas obras da Xunta no CIFP Manuel Antonio de Vigo
A fronte nacionalista constata importantes problemas durante unha visita ao centro xunto con docentes e acusa o Goberno galego dunha “caótica e perigosa chapuza” na xestión das obras
Defenderá no Parlamento galego unha batería de iniciativas para urxir solucións diante do “desastre” que se padece nun centro con máis de 1.500 estudantes matriculados/as
Alexandra Fernández: “As obras en centros de ensino non só consisten en licitar, teñen que contar cun plan para minimizar ao máximo o impacto nas aulas e garantir a seguridade”
Xabier P. Igrexas: “Non poden seguir padecendo que unhas obras que eran necesarias se teñan convertido nun calvario insoportábel que impide mesmo a actividade educativa”