Novas
O BNG rexeita que o PP secuestre os investimentos da Deputación en Vigo impoñendo como condición un “selfie” co alcalde
02/xuño/2026
A fronte nacionalista acusa a populares e socialistas de utilizar as institucións como “trincheiras partidistas” e esixe que a cidade non sexa refén das súas disputas
Critica a negativa “infantil” de Caballero a asinar publicamente os convenios, pero cualifica de inaceptábel que o Partido Popular condicione os investimentos a unha foto co alcalde
Xabier P. Igrexas: “ Non podemos aceptar que a señora Sánchez pretenda facer a súa campaña electoral como candidata á Alcaldía, aínda por confirmar polo seu propio partido, apalancándose na Deputación e utilizando os seus recursos como propaganda partidista”