desfile forzas armadas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG denunciará na Comisión de Transparencia se Caballero insiste en ocultar a factura do desfile militar en Vigo

Acusa o Goberno local de incumprir o regulamento que obriga a facilitar esa información en 5 días ao grupo nacionalista: “Despois de 17 días seguimos sen recibir ningún dato”

Xabier P. Igrexas: “O importe debe ser especialmente vergoñento e indefendíbel, toda vez Caballero pretende que a cidadanía non coñeza a factura que se pagou cos cartos de todas e todos”

Ler novas
Novas

O BNG reclama facer pública a factura do desfile das forzas armadas para o Concello de Vigo

Reitera a demanda de que se informe de todos os gastos directos e indirectos, entre eles a recepción do monarca na casa consistorial, que non foi informada ao resto de grupos

Critica o “silencio” do Goberno local ante as peticións na Comisión Informativa e no Pleno

Xabier P. Igrexas: “A cidadanía de Vigo ten todo o dereito a coñecer a factura do desfile de tanques, soldados e armamento pesado polas nosas rúas”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e FIlipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG Vigo levará ao Pleno o rexeitamento ao desfile militar e esixe transparencia sobre o seu custo e compensacións á veciñanza afectada

A fronte nacionalista denuncia o “carácter militarista e españolista” dunha exhibición que choca co compromiso pacifista da inmensa maioría das viguesas e vigueses

Demanda que se compense á veciñanza polos graves prexuízos que está a padecer por causa dos preparativos do desfile, singularmente o feche de instalacións deportivas

Xabier P. Igrexas:  “O que precisa Vigo non son tanques, cazas militares nin desfiles propagandísticos, senón máis vivenda pública, mellores servizos públicos e políticas que atendan os problemas reais das viguesas e vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia “opacidade” do Goberno de Caballero sobre o custo do desfile militar e o peche do complexo das Travesas

Critica a negativa do PSOE a dar explicacións nas Comisións Informativas do Concello e a falla de acceso aos expedientes no prazo legal solicitados pola fronte nacionalista

Xabier P. Igrexas: “O capricho do alcalde de que Vigo acolla este acto de exaltación militarista e españolista vai ter consecuencias directas sobre a cidadanía”

Ler novas
Novas

O BNG Vigo denuncia o feche das instalacións deportivas das Travesas para uso militar e esixe a Caballero unha rectificación inmediata

O Goberno municipal decidiu clausurar o complexo deportivo do 27 de abril ao 7 de xuño para convertelo en campamento militar previo ao Desfile das Forzas Armadas

A fronte nacionalista vai solicitar a convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Deportes, coa comparecencia do concelleiro Manel Fernández, para esixir unha rectificación inmediata

Xabier P. Igrexas:  “Non se pode tolerar que o capricho de Caballero de traer este desfile se converta nun castigo para os vigueses e viguesas. As Travesas é un espazo para o deporte, non para un campamento militar”

Ler novas
Novas

O BNG chama en Vigo á mobilización contra o aumento do gasto militar e a escalada bélica imperialista

Lanza a campaña ‘Na Galiza: paz, soberanía, dereitos’ fronte ás consecuencias sociais da guerra e en rexeitamento do desfile en maio das Forzas Armadas españolas en Vigo

Lucía López: “O BNG defendemos unha alternativa clara: a neutralidade, a saída da OTAN, a redución do gasto militar e a devolución dos espazos militares ao pobo galego”

Xabier P. Igrexas: “Non se pode pregoar o ‘Non á guerra’ e despois promover un acto de exaltación militarista e españolista presidido pola monarquía”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas_portavoz municipal BNG Vigo

O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha moción en favor da paz, contra o militarismo e para frear as consecuencias da guerra

Chama a condenar as agresións militares contra o Irán, o Líbano e a Palestina e rematar co uso de infraestruturas galegas por parte da OTAN, entre outros acordos

Demanda medidas urxentes do Goberno español e da Xunta de Galiza para conter a escalada de prezos que afecta ás clases populares e traballadoras e ao tecido produtivo

Xabier P. Igrexas: “A paz non se defende con palabras baleiras, senón con decisións firmes e coherentes: o Concello de Vigo ten que poñerse no lado correcto da historia”

Ler novas
Novas
Foto: RTVE

O BNG chama a rexeitar o desfile das Forzas Armadas españolas en Vigo: “É incompatíbel coa defensa da paz e un dispendio inxustificábel”

Reitera a súa “firme oposición” a que a cidade acolla en maio este “acto de propaganda para xustificar unha carreira armamentística da que participa o Goberno español”

O Ministerio de Defensa vai gastar case 400.000 euros nas bancadas do evento

Xabier P. Igrexas: “Non se pode pregoar o ‘Non á guerra’ e despois encher as rúas da maior cidade de Galiza con militares e armas”

Ler novas