Novas
O BNG esixe á Deputación de Pontevedra que non exclúa a música en galego do Galicia Fest
23/abr./2026
A fronte nacionalista denuncia a reducida presenza de artistas galegos e critica a ausencia “practicamente total” de música na nosa lingua
A deputada provincial do BNG, Manuela Rodríguez, anuncia que interpelará no Pleno deste venres a vicepresidenta da Deputación para lle esixir que amplíe a programación
Xabier P. Igrexas: “Vemos como Luísa Sánchez é unha alumna avantaxada das políticas culturais galegófobas tanto da Xunta de Galiza como do Concello de Vigo, excluíndo de maneira inxustificábel a música en galego”