igrexa
Novas
Abel Caballero na colocación do Sagrado Corazón na Guía, financiada con fondos do Concello

O BNG de Vigo denuncia que Caballero continúa a aumentar as subvencións públicas á Igrexa Católica

A fronte nacionalista esixe que deixe de gastar recursos do Concello para financiar unha confesión relixiosa: 640.000 euros este 2025, a metade do que destina a axudas sociais

O proxecto de orzamentos municipais recolle outros 288.000 euros para o ano 2026

Xabier P. Igrexas: “Estas prácticas lembran a etapas predemocráticas que van en contra dun marco acofensional e da necesaria separación entre Igrexa e institucións públicas”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo cuestiona o aumento das subvencións do Concello á Igrexa Católica: “Máis dun millón de euros no último lustro”

O Bloque pide máxima transparencia coas axudas públicas para entidades relixiosas, após o Goberno local aprobar un novo convenio coa Diocese Tui-Vigo para Semana Santa

Xabier P. Igrexas: “A decisión de Caballero de destinar cada vez maiores recursos en favor da Igrexa Católica é incompatíbel co carácter aconfesional das institucións públicas”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG pide facer públicas todas as axudas do Concello de Vigo á Igrexa católica e aclarar se paga impostos municipais

A fronte nacionalista reclama transparencia sobre os recursos destinados á institución relixiosa, despois do anuncio dunha nova subvención de 200 mil euros á Diócese Tui-Vigo

Cualifica de “incomprensíbeis” as exencións fiscais á Igrexa católica cando o Goberno de Caballero se nega a aplicalas a centros culturais e veciñais ou á Universidade de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Sorprende que o mesmo Goberno municipal que vén de botar a rúa a dez sobreviventes do incendio da rúa Afonso X, alegando o elevado custo de acollelas en hostais, non teña reparos en destinar centos de miles de euros en favor dunha confesión relixiosa”

Ler novas