O BNG de Vigo chama a unha participación masiva na manifestación nacional de SOS Sanidade Pública este domingo
A fronte nacionalista esixe que Vigo deixe de ser o "perverso banco de probas das políticas de recortes e privatizacións da Xunta que a converteron na zona cero da desfeita sanitaria"
Remítelle ao conselleiro de Sanidade a moción do BNG aprobada polo Pleno de xullo reclamando a rectificación do modelo do novo "Centro Recortado de Saúde" Olimpia Valencia
A mobilización terá lugar en Santiago de Compostela ás 12h dende a Alameda
Xabier P. Igrexas: "Temos que levar o clamor das viguesas e dos vigueses até a capital de Galiza para que o PP deixe de xogar coa nosa saúde"