Novas
O BNG de Vigo urxe a Xunta e Concello a actuar fronte ao abandono do Centro de Educación Especial Saladino Cortizo
29/xan./2026
A fronte nacionalista denuncia pingueiras no interior do centro e a falta de investimento que obriga a trasladar espazos esenciais para a atención do alumnado
Xabier P. Igrexas: “O Saladino Cortizo converteuse nun exemplo máis do deterioro que sofren os centros educativos públicos de Vigo pola irresponsabilidade compartida das dúas administracións”