O Bloque apoia ás demandas dos traballadores de Povisa e esixe á Xunta que interveña
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo insta á Xunta de Galiza a que, asumindo e executando as súas competencias en materia sanitaria, interveña para resolver o conflito existente en Povisa. Ademais, o responsable local da formación nacionalista, Henrique Viéitez, destacou que o Bloque respalda as reclamacións dos traballadores e traballadoras deste centro.
Que vai facer o goberno galego para garantir a prestación de servizos as preto de 150.000 persoas que teñen asignado este hospital como centro de referencia, pregunta Viéitez, ao tempo que lembra que os traballadores e traballadoras exercen o seu lexítimo dereito á folga, que iniciaron hoxe, tras a decisión unilateral por parte da empresa de substituír o convenio colectivo polo provincial do sector e a conseguinte rebaixa dun 40% do salario.
Para Henrique Viéitez resulta imprescindible que se atendan as reclamacións dos traballadores e traballadoras, pero alerta de que estas demandas non son novas. Pola contra, sinala que é un ciclo que se repite constantemente e ao que a empresa non achega ningunha solución, en referencia ao conflito de 2009, no que a empresa foi denunciada por dereitos elementais dos traballadores e traballadoras, nos que os organismos competentes sempre razón á representación sindical.
Deixación de funcións
O responsable local nacionalista alerta da deixación de funcións por parte da Consellería de Sanidade, ao non facer as xestións necesarias para que as parte cheguen a un acordo. Coñece o goberno galego como se está desenvolvendo a folga derivada da falla de entendernento entre a dirección da empresa e os traballadores e traballadoras deste hospital? Coñece como se está desenvolvendo a asistencia sanitaria? Ten pensado intervir o a xeito de intermediación para evitar maior deterioro neste servizo?, subliña.