O BNG demanda ao goberno local que convoque xa as axudas do plan de compensación contra a crise

O BNG demanda ao goberno local que convoque xa as axudas do plan de compensación contra a crise

“Seguimos insistindo en que se convoquen xa as axudas do plan de compensación contra a crise canto antes”, salientou a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, en resposta aos medios sobre o retraso na convocatoria destas axudas. Lembrou que esta partida existe porque o BNG presentou a emenda aos orzamentos municipais. “Pero temos claro que se do PP dependese non existiría unha partida así”, engadíu.

“Entre que non existira este plan de compensación contra a crise e seguir reclamando que convoque as axudas preferimos esta segunda opción”, defendeu a portavoz municipal do BNG. “Temos claro que é máis urxente facer esta convocatoria de axudas que convocar unha concentración amenizada por unha orquestra”, subliñou.

Orzamentos municipais

Preguntada pola postura que manterá o BNG vigués á hora de aprobar os orzamentos municipais sinalou que “de aquí a outubro haberá que velo, segundo a proposta que presenten e se se nos aproban as nosas emendas ou non”. Iolanda Veloso destacou que o BNG ten claro que o goberno de Caballero “é un goberno en minoría”, pero que o Bloque tamén un compromiso firme do BNG en Vigo coa cidadanía, que é “impedir que goberne o PP, porque está arrasando coas súas políticas”.

Neste sentido asegurou que a crise tan forte que sufre Vigo “non é casual”. Ao seu xuízo Vigo atravesa unha situación tan grave porque é un “obxectivo claro” desde Madrid e Santiago, tanto respecto aos ataques ao sector naval, o porto, o aeroporto ou cando se pretende elimar o partido xudicial.

 

O BNG demanda ao goberno local que convoque xa as axudas do plan de compensación contra a crise