O BNG levará ao Pleno de Vigo a "emerxencia social e nacional" que representa a emigración galega

SAVE_20191219_192443
  • A moción demanda que a Xunta tome medidas para crear emprego digno e con dereitos e permitir o retorno da poboación emigrada.
  • Alertan de que na última década 216 mil galegas e galegos marcharon do País, dos que 80 mil eran mozos e mozas, por falla de oportunidades.
O BNG levará ao Pleno de Vigo a "emerxencia social e nacional" que representa a emigración galega

 O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá en rolda de prensa a moción que levará ao vindeiro Pleno do Concello de Vigo e que está centrada en demandar á Xunta de Galiza "políticas que favoreza o emprego digno e con dereitos para permitir o retorno da poboación emigrada". Así o explicou o seu concelleiro, Xabier P. Igrexas, sinalando que o texto foi proposto pola Plataforma Social Vía Galega.

Igrexas denunciou que nos últimos dez anos "máis de 216 mil galegas e galegos, dos que 80 mil eran mozas e mozos menores de 30 anos tiveron que abandonar o País pola falla de oportunidades laborais". Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista resumiu o obxecto da iniciativa en demandar "o dereito a termos un traballo digno na propia terra que lle permita ás galegas e galegos desenvolver o seu proxecto de vida".

Para a formación nacionalista a magnitude da vaga migratoria que supón a "expulsión na práctica de millares de galegas e galegos cada ano" constitúe unha verdadeira "emerxencia nacional e social". Emporiso instan o Goberno galego de Núñez Feixóo a deixar de darlle ás costas a esta grave problema e a despregar políticas que aposten "no emprego digno e con dereitos" así como medidas concretas para facilitar o regreso das persoas emigradas. Con ese obxectivo demandan tamén a creación dunha ponencia no Parlamento par abordar especificamente esta situación, cun calendario de traballo claro e con "conclusión vinculantes que se traduzan en medidas políticas".

Con esta proposta o BNG quere confrontar o relato "cínico e case caricaturesco" que utiliza a Xunta para negar o problema da emigración reducíndoa á "mobilidade laboral ou a unha aventura para a mocidade" agochando o "drama real" que provoca.

O BNG levará ao Pleno de Vigo a "emerxencia social e nacional" que representa a emigración galega