O BNG solidarízase co bombeiro vigués agredido por fascistas en Madrid

74495223_10156239689251780_5284944248272060416_n
O BNG solidarízase co bombeiro vigués agredido por fascistas en Madrid

O Bloque Nacionalista Galego vén de expresar a súa solidariedade co bombeiro vigués Miguel Ucles, após ser obxecto dunha agresión fascista ao remate dunha mobilización estatal en Madrid do colectivo dos bombeiros no día de onte.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, publicou esta tarde unha mensaxe no seu perfil na rede social Facebook (https://facebook.com/story.php?story_fbid=10156239689426780&id=625811779) , despois de falar con Ucles para interesarse pola súa situación, expresando o seu apoio ao bombeiro e condenando a agresión.

"Onte os bombeiros de Vigo sumáronse a outros compañeiros de todo o Estado para esixir que se garantan os seus dereitos e estean nas mellores condicións para nos protexer a todas. 

Ao remate un fascista agrediu, covardemente polas costas, ao compañeiro Miguel Ucles, delegado da CIG, ao identificalo como un "independentista" mentres gardaba as bandeiras. Acabo de falar con el e a nivel físico non pasou duns golpes, inda que o peor nestes casos é a raiba e a impotencia diante da barbarie facha que campa libremente polas rúas e da impasividade de quen ollou a escena sen facer nada.

Todo o meu apoio a Miguel. Non estás, nin nunca estarás só.

Non pasarán! Stop fascismo" recóllese no texto publicado por Igrexas.

 

O BNG solidarízase co bombeiro vigués agredido por fascistas en Madrid