O BNG de Vigo demanda que o Concello investigue a fondo o sucedido no concerto de Andrés Suárez

A fronte nacionalista anuncia que interpelará o Goberno municipal na próxima Comisión Informativa de Festas e insta a depurar responsabilidades e despregar medidas adicionais que aseguren plenas garantÃas sanitarias no programa Terraceo.
Xabier P. Igrexas: "É inaceptábel que tras máis dun ano de pandemia haxa que desaloxar un evento público promovido polo propio Concello de Vigo porque non se cumpran as medidas preventivas fronte á Covid19".
Após a cancelación e desaloxo do concerto de AndÅ•es Suárez do Auditorio Mar de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que o Concello investigue a fondo o sucedido, depure responsabilidades e despregue medidas adicionais que aseguren plenas garantÃas sanitarias no programa de concertos Terraceo.
O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, anunciou que interpelará o Goberno municipal na vindeira Comisión Informativa de Festas, convocada para o próximo mércores para que informe en detalle do sucedido. "O Goberno de Abel Caballero ten que dar a cara e realizar unha investigación a serio, profunda, para saber que foi o que fallou, depurando todas as responsabilidades que haxa que depurar, e sobre todo reforzar as prevencións evitando que algo asà volva pasar nunca máis"
Igrexas considera que a suspensión in extremis do concerto de onte é un feito de "especial gravidade" por se deber ao incumprimento das medidas sociosanitarias. O edil agradeceu a responsabilidade demostrada por Andrés Suárez e a súa equipa ao se negaren a actuar perante o "caos organizativo e desastre" que estaba a ter lugar e que motivou a intervención da policÃa local. "Como denunciou o propio artista publicamente, houbo falla de persoal, mentiras pola organización do festival e é claro que non habÃa un plan de continxencia para trasladar de maneira segura a realización do concerto da terraza ao interior do auditorio", remarcou.
"É inaceptábel que tras máis dun ano de pandemia haxa que desaloxar un evento público promovido polo propio Concello de Vigo porque non se cumpran as medidas preventivas fronte á Covid19", enfatiza Igrexas.